Site icon Crónica3.com A Mariña

Os 20 participantes no programa “Burela co seu comercio” recibiron a acrediatación

Nota de prensa

Besteiro e Llano entregan os diplomas ós 20 participantes no programa Burela co seu comercio

– O Presidente e o Alcalde visitaron os establecementos burelenses que lograron un Plan de mellora para combater á crise logo de 250 horas de asesoramento individual

– A Deputación fíxose cargo de todos os custes logrando aforrar ó sector 80.000 euros, o prezo dos servizos prestados segundo o mercado

– Burela co seu comercio é a 2º programación que a Deputación leva á Mariña en apoio ó tecido empresarial, e engade ás 250 subvencións a autónomos e a Km0

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, visitaron os 20 pequenos comercios burelenses que se sumaron á Burela co seu comercio, o primeiro programa personalizado e gratuíto posto en marcha na provincia en apoio a este sector. Besteiro e Llano quixeron entregar persoalmente os diplomas desta iniciativa ós seus participantes para coñecer as impresións sobre a programación mediante a cal recibiron 250 horas de asesoramento individual e práctico, que tiveron como resultado un Plan de mellora adaptado as súas necesidades co que facer fronte á crise económica. A Deputación fíxose cargo de todos os custes supoñendo un aforro de 80.000 euros ó sector, o prezo dos servizos prestados segundo o mercado.

O Presidente salientou que “o investimento que fixemos neste curso non só supón un aforro para o comercio senón que ademais, conleva a mellora da súa competitividade e polo tanto, o aumento da súa actividade e dos seus ingresos”. Pola súa banda, o Alcalde agradeceu a Besteiro a celebración en Burela “dunha iniciativa que, mediante a formación, logra conservar ducias de postos de traballo nun sector fundamental para a economía da nosa localidade”.

Burela co seu comercio é a segunda programación que a Deputación leva á Mariña en apoio ó tecido empresarial. O organismo provincial celebrou en Viveiro un curso sobre a sucesión na empresa familiar. Estas iniciativas engádense ademais, ás subvencións que reciben 250 autónomos da zona. Trátanse das pioneiras axudas en España mediante as cales a Deputación asume os gastos correntes destes profesionais tales como os recibos de luz e teléfono, seguros ou aluguer. A maiores, o organismo provincial mantén centos de postos de emprego nos sectores da hostelería e do comercio con Km0.Deputación de Lugo. O programa medioambiental logrou aumentar a clientela destes negocios logo da visita de miles de persoas.

Desenvolvemento da programación

Durante 6 semanas, expertos económicos avaliaron “in situ”, e de cada un dos establecementos, as vendas, a colocación, o etiquetado, o prezo, a distribución ou a calidade dos produtos; o trato, a información, e ata a recuperación ou a conserva dos clientes; así como as técnicas fronte á competencia, ou as medidas de promoción e publicidade. Deste xeito, os participantes puideron coñecer, e sempre de forma adaptada ós seus negocios, as oportunidades no mercado, as negociacións con provedores e institucións financeiras, o contorno xurídico laboral e fiscal, as actividades de merchandising, a xestión dos stocks, os posibles proxectos de expansión ou remodelación comercial, e ata as estratexias defensivas ou de cooperación.

Exit mobile version