Site icon Crónica3.com A Mariña

Pablo Mosquera presenta o seu libro “Historias de Nunca Jamás” o sábado día 18 na Sala Bahía de Foz

Pablo Mosquera, director médico do hospital de Jarrio, presentará o seu novo libro, “Historias de Nunca Jamás”, o vindeiro  sábado 18 de decembro, ás 20.00 horas, na Sala Bahía de Foz, ó remate do Festival do Asilo, que como cada ano se celebra para recadar fondos para a institución. A publicación recolle unha compilación de lendas que trancorren na Mariña Lucense. Está editado polo colectivo cultural Os Aventados e nel colaboran persoeiros como a escritora Espido Freire, Almudena Cid, Ramón Pernas, Xeada, Guerreiro, Otero Regalo ou Agustín Ibarrola, entre outros. Neste acto de presentación, o autor, Pablo Mosquera, estará acompañado por José Mª García Rivera, Alcalde do Concello de Foz.

Exit mobile version