Site icon Crónica3.com A Mariña

Remataron as xornadas micolóxicas de Ribadeo financiadas polo Núcleo de Sostibilidade

Nota de prensa:

O pasado venres culminaron as xornadas micolóxicas, financiadas este ano polo Núcleo de Sostibilidade de Ribadeo, cunha cea na que os participantes aprenderon a cociñar os cogomelos que tiñan recollido previamente. Estas xornadas, que acadaron unha gran asistencia, desenvolvéronse nas instalacións da Escola Pedro Murias de Ribadeo, incluíron previamente dous relatorios, unha de introdución á micoloxía e outra sobre a toxicidade dos cogomelos, e tres saídas a diferentes zonas da comarca mariñán onde aínda existen fragas e piñeirais para aprender a recoller e a recoñecer os cogomelos.

Co financiamento destas actividades, a Axencia de Sostibilidade do Concello de Ribadeo quere achegar á sociedade ribadense a importancia que usos como o recreativo, o sendeirismo ou a micoloxía poden acadar nos nosos montes se imos traballando cara á súa diversificación.

Exit mobile version