Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo oferta unha praza temporal de traballador social

Será po un prazo de cinco meses e a xornada completa, modalidade de obra ou servizo determinado.  Para persoas diplomadas en traballo social. Valoraranse, entre outros, os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza a que se opta, o coñecemento do galego e a antigüidade no paro. As persoas interesadas poderán presentar a documentación esixida ata o 3 de xaneiro. As probas de serán o 11 de xaneiro ás 10 da mañá na Casa do Concello.

Exit mobile version