Site icon Crónica3.com A Mariña

Unhas 200 persoas de A Mariña no programa do Pacto Provincial Polo Emprego para inserción laboral

Nota de prensa

A Deputación insertará laboralmente a uns 200 mariñaos co Pacto Provincial polo Emprego

– Os cursos están dirixidos a desempregados dos 16 municipios desta zona da provincia, onde se impartirán 15 accións formativas relacionados coas profesións con máis futuro

– O organismo provincial está a consensuar cos Concellos os lugares para impartir a formación, que se xestiona dende a oficina técnica de Foz, espazo cedido gratuitamente pola entidade local

A Deputación insertará laboralmente a uns 200 mariñaos nos novos nichos de emprego da provincia, que foron previamente diagnosticadas, dentro do programa formativo Pacto Provincial Polo Emprego co que o organismo provincial freará o paro en Lugo, creando novos postos de traballo nos campos laborais máis demandados. A iniciativa, que está co-financiada nun 80% polo Fondo Social Europeo, obtivo un grande éxito de convocatoria, de tal xeito que a Mariña é unha das zonas nas que se rexistraron máis solicitudes.

Os cursos están dirixidos a desempregados dos 16 municipios desta zona da provincia, onde se impartirán un total de 15 accións formativas nas profesións cons máis futuro. Ademais, os beneficiarios recibirán unha axuda económica tanto na formación como nas prácticas equivalente ó 75% do IPREM, é dicir, uns 400 euros mensuais.

Para coordinar todo o territorio, os cursos xestionaranse dende a oficina técnica de Foz, logo de que o Concello cedese gratuitamente o espazo para evitar obras de nova creación. Dende desta oficina, que xa está a pleno rendemento, o persoal cualificado desprazarase a onde faga falta e asesorará tamén ós alumnos que, no futuro, opten por montar a súa propia empresa, ben como autónomos ou como PEMES. A Deputación xa está a levar a cabo os contactos para consensuar cos Concellos os lugares máis axeitados para impartir a formación.

Exit mobile version