Site icon Crónica3.com A Mariña

27 persoas inscribíronse nun obradoiro de restauración de mobles que organiza o concello de Xove

Nota de prensa

COMEZA EN PALMEIRO O OBRADOIRO DE RESTAURACIÓN DE MOBLES

Mañá martes 1 de febreiro vai dar comezo o OBRADOIRO DE RESTAURACIÓN DE MOBLES que o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais e da OMIX, organiza para os vindeiros meses ata xuño. Trátase, polo tanto, dun obradoiro de longa duración, dirixido a persoas maiores e no cal se inscribiron un total de 27 persoas, o que obligou á organización a dividir o obradoiro e tres grupos de 9 persoas cada grupo, co fin de facelo máis operativo.

O prazo de inscrición para este obradoiro estivo aberto na OMIX de Xove dende o 17 ao 29 de xaneiro.

O obradoiro vaise desenvolver nas dúas aulas recentemente renovadas do antigo Colexio de Palmeiro, con arranxo ao seguinte horario:

– Grupo 1: Luns e mércores de 16:30 a 18:00 horas.

-Grupo 2: Luns e mércores de 17:00 a 18:30 horas.

-Grupo 3: Martes e xoves de 17:00 a 18:30 horas.

Destacar que un dos grupos recolle a aquelas persoas que xa teñen unha certa experiencia na restauración, ousexa, imos ter un grupo para avanzados, sendo os outros dous para iniciados.

Exit mobile version