Site icon Crónica3.com A Mariña

A Costa Lucense e a Ribeira Sacra protagonizan esta semana as rutas do programa KmO da Deputación

Nota de prensa:
A costa lucense e a Ribeira Sacra protagonizan esta semana as rutas do Km0.Deputación de Lugo

A Deputada de Economía recibiu este martes ós primeiros participantes

dos case 300 en total que esta semana redescubrirán a provincia

Preto de 300 persoas participarán no programa Km0.Deputación de Lugo ó longo desta semana que ten como destinos protagonistas a costa lucense e a Ribeira Sacra. Precisamente, a Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu este martes no pazo de San Marcos os primeiros participantes. Trátanse de 55 membros da Asociación de Mulleres Rurais “O Chao” da Ribeira de Piquín, e de 44 do colectivo de xubilados de Pantón. No primeiro caso, visitaron o Centro de Interpretación Terras do Miño, para desprazarse seguidamente a San Cibrao e coñecer a vila, o castelo e o faro. Para rematar, percorreron Portocelo e Punta Roncadoira, xa no veciño Concello de Xove. En canto ó grupo de xubilados de Pantón, tras ser recibidos na Deputación, visitaron o Mazo de Santa Comba, ademais do Castro de Couso, o Palacio de Quindós e o Castelo de Doiras, en Cervantes.

Para este mércores está prevista unha ruta pola zona de Amandi, na Ribeira Sacra, elixida polo Centro de Convivencia de A Milagrosa, da capital lucense. Así, 48 persoas, tras unha visita ó Mazo de Santa Comba, farán unha ruta hasta o Mirador de Pena do Castelo, para navegar logo en catamarán polo río Sil e gozar dunha degustación na bodega Regina Viarum. Mentres, 24 veciños de Ribas de Sil redescubrirán a Ría de Ribadeo. A viaxe comezará cunha visita á Fundación TIC para continuar xa no Concello mariñano cunha travesía polo estuario. Poderán subir no ascensor panorámico instalado no peirao deportivo de Porcillán e, finalmente, visitarán o convento das Clarisas e percorrerán o casco histórico.

As rutas de “O Pombeiro” e “As Catedrais” foron, respectivamente, as elexidas polo colectivo de Amas de Casa e Consumidores “Lucus” e pola Asociación de San Salvador de Asma, de Chantada para facer o xoves. Deste xeito, un grupo de 48 membros do colectivo lucense visitará o Centro de Interpretación Terras do Miño e, xa en Pantón, achegarase á adega Moreiras, ós núcleos de Atán e Pesqueiras, á iglesia de Pombeiro e, para rematar, ós Peares. No caso da asociación chantadina, outro grupo de 48 persoas coñecerá o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) para viaxar seguidamente a Ribadeo, e visitar as praias das Catedrais e As Illas, a cetárea de Rinlo e no aeródromo de Vilaframil.

Exit mobile version