Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Cultura de Burela convoca un concurso de carteis para anunciar o antroido 2011

Nota de prensa

A DELEGACIÓN DE CULTURA CONVOCA O CERTAME PARA O DESEÑO DO CARTEL DO ANTROIDO 2011. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS ESTÁ  ABERTO ATA O 4 DE FEBREIRO.

Burela, 19 de xaneiro de 2011. A Delegación de Cultura de Burela convoca o certame para o deseño do cartel do Antroido 2011. O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 4 de febreiro e as obras recibidas exporanse do 7 ao 11 tamén de febreiro na Casa da Cultura.

Ao certame poderanse presentar todas as persoas que así o desexen. Os deseños serán orixinais, sen límite de cores ou técnicas e co seguinte texto Antroido Burela 2011. Os traballos deben presentarse en tamaño DIN A4 e, preferiblemente, tamén en soporte informático nun arquivo de imaxe. Con cada cartel, xuntarase, en sobre pechado o nome, apelidos e telefono do/a autor/a do mesmo.

A Delegación de Cultura informa que haberá un único premio consistente na publicación do cartel gañador como cartel oficial do Antroido 2011. O Concello de Burela non se responsabiliza dos danos que os deseños poidan sufrir nos actos de recepción e exposición así como da perda ou roubo dos mesmos. Os traballos pasarán a ser propiedade do Concello.

O prazo de presentación dos traballos remata o venres día 4 de febreiro. As entregaranse na Casa do Concello (Rúa Eijo Garay nº20- 27880 Burela). As obras exporanse dende o luns 7 de febreiro até o venres 11 na Casa da Cultura. Os deseños presentados ao certame someteranse a un proceso de votación popular aberto a todo o mundo. Poderase votar na Casa da Cultura no período de exposición dos deseños en horario de 18 a 20 h. O fallo farase público o luns 14 de febreiro. Desde o departamento municipal de Cultura lembran que a participación no concurso implica a plena aceptación destas bases.

Exit mobile version