Site icon Crónica3.com A Mariña

A intranet da administración electrónica da Deputación segue sen funcionar, asegura o PP

Nota de prensa

A intranet da administración electrónica da Deputación segue sen funcionar

Lugo, a 31 de xaneiro de 2011.- A posta en marcha da administración electrónica na Deputación continúa a ser un proxecto dado que vinte días despois da súa hipotética entrada en servicio segue sen funcionar.

O servizo on line sobradamente publicitado polo presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, non está operativo porque a intranet da que deberían valerse os traballadores dos concellos e da propia Deputación para poder empregar esta ferramenta continúa sen estar en servicio.

Dende o Grupo provincial do Partido Popular consideran que esta situación, que xa puxeron en evidencia hai quince días, denota que entre o que di Gómez Besteiro e o que fai existe un longo treito. Non só non é real a presunta implantación e entrada en servicio da e-administración a través do programa Innova-TE (ó que se adicaron, por certo, nove millóns de euros) posto que non funciona, senón que, tras constatarse os erros existentes na súa posta en marcha, tampouco se adoptou ningunha medida encamiñada a subsanar o problema.

Dende o GPPP instan unha vez máis a Deputación, e nomeadamente ó seu presidente, a subsanar no prazo máis breve posible esta circunstancia que permita converter en realidade o que ata o momento é só unha intención.

Exit mobile version