Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF Pescados Rubén acadou un punto de ouro ante o invencible Móstoles

Nota de prensa
O BURELA FS FEMININO REVÉLASE COMO O TALÓN DE AQUILES PARA O MÓSTOLES (0-0)

Fotografía: web burelafs.org

A seriedade e a temperanza do Burela FSF Pescados Rubén conseguiron hoxe un punto de ouro en Vista Alegre ante o invencible líder mostoleño (0-0) nun encontro no que o espectáculo sobre a pista non se viu en absoluto empañado pola ausencia de goles. Con este empate, as mariñás e o templo laranxa revélanse como o talón de Aquiles do líder, o primeiro conxunto que consegue arrebatarlle a vitoria ao líder.

Cómodas na pista, as burelistas plantáronlle cara ao todopoderoso Móstoles dende o asubío inicial, ben posicionadas en defensa e sen apoucarse en ataque. Antes do minuto 5, Lidia tivo unha boa oportunidade soa ante Sonia, cun lanzamento baixo que rozou o pau. Dende o saque de esquina, as locais tamén crearon moito perigo; Claudia (minuto 8), Milena (10) e, de novo, Lidia (15) levantaron o aplauso da bancada coas súas tentativas.

Co reinicio, o cadro madrileño optou por facerse dono do balón, imprimindo velocidade nas transicións aproximándose á meta de Jozi. Os pés de Sonia evitaron un potente tiro de Lucía, no minuto 26. Ás locais tampouco as acompañou a fortuna con superioridade númerica tras a expulsión da meta Sonia, por dobre amarela (29).

Loitando contra o marcador e tratando o rival sen miramentos, o cadro de Pardeiro aínda amosou unha proba máis da súa valentía co xogo de cinco nos dous últimos minutos. De novo, a portería mostoleña fuxiu doutra tentativa laranxa, nun disparo longo e baixo de Lucía, faltando 10 segundos.

Ficha Burela FSF-Móstoles FSF

Partido perteneciente a la 16ª jornada de la temporada 2010/2011: 0-0
CD Burela FSF
9 Victorias | 4 Empates | 3 Derrotas
Puntos acumulados: 31     0
Móstoles FSF
15 Victorias | 1 Empates | 0 Derrotas
Puntos acumulados: 46     0
Cancha de juego: Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Fecha: Sábado, 29 de Enero de 2011
CD Burela FSF
4
Lidia María Mesías Espiñeira
Lidia
10
Claudia Rodríguez Teijeiro
Claudia
13
Joziane de Oliveira
Jozi
14
Dolores Sánchez García
Dolo
15
Lucía Nespereira Gómez
Lucía
8
Silvia Estévez Alonso
Cuchi
11
Milena Gasparini Ribeiro
Milena

Móstoles FSF
1
Sonia Bernal Murcia
Sonia
5
Sonsoles Jiménez Álvarez
Sonso
8
Beatriz Martín Sánchez
Bea Martín
9
Patricia Jornet Sánchez
Patri Jornet
10
Eva María Manguán Valderrama
Eva Manguán
2
Inmaculada Martín Barroso
Inma
3
Patricia Chamorro González
Patri
7
Beatriz Fernández de la Vega
Beíta
11
Juliana Delgado Lautenschlager
Ju Delgado
13
Belén de Uña Marzo
Belén
Tarjeta amarilla     Min. 3     |   Ju Delgado

Tarjeta amarilla     Min. 29     |   Sonia

Tarjeta amarilla     Min. 29     |   Sonia

Tarjeta roja     Min. 29     |   Sonia

Exit mobile version