Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta destinará 4,5 millóns de euros ás federación deportivas

Nota de prensa:
A XUNTA DESTINARÁ MÁIS DE 4,5 MILLÓNS DE EUROS ÁS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS NO ANO 2011

* O secretario xeral para o Deporte asina os convenios coas Federacións deportivas con sede na Coruña, Ferrol, Lugo e Santiago
* Por primeira vez os convenios terán tramitación anticipada de gasto, o que posibilitará un máis pronto cobro das axudas por parte de cada unha das entidades deportivas beneficiarias
* Esta medida de optimización na xestión pretende compensar o recorte que, dada a actual conxuntura económica, ocasiona a minoración nesta partida orzamentaria

A Coruña, 19 de xaneiro de 2011.- A Xunta de Galicia destinará máis de 4,5 millóns de euros á colaboración coas federacións deportivas ao longo do ano 2011. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou hoxe na cidade herculina os convenios de colaboración coas federacións que teñen sede na Coruña, Ferrol, Lugo e Santiago, acordo que permitirán

Deste xeito, a Xunta asinará con cada unha das federacións deportivas existentes na comunidade os distintos convenios que prevén o desenvolvemento das competicións, a participación das seleccións autonómicas, o fomento do deporte feminino e da respectiva modalidade deportiva entre persoas con discapacidade, o fomento do deporte base, a tecnificación (concentracións, competicións, xornadas de formación técnica e programas de adestramento especializados para o perfeccionamento técnico-táctico), a actividade deportiva en idade escolar e outros proxectos de especial relevancia no ámbito das distintas federacións deportivas.

Tramitación anticipada do gasto

Por primeira vez os convenios de colaboración coas federacións deportivas tramitaranse con anticipación de gasto, o que posibilitará un máis pronto cobro das axudas por parte de cada unha das entidades beneficiarias (prevese que o primeiro cobro se poida realizar xa no mes de xaneiro). Esta medida de optimización na xestión, pretende compensar o recorte que, dada a actual conxuntura económica, ocasiona a minoración da partida orzamentaria que, de forma anual, a Secretaría Xeral para o Deporte destina aos convenios federativos.

A esta medida súmanse outras igualmente encamiñadas a minimizar, na actividade federativa, os efectos da actual situación económica, como pode ser a determinación do sistema de anticipos que, para o próximo 2011, se establece en dous. Así todas as medidas recollidas nos convenios que se subscribirán coas distintas federacións deportivas galegas está encamiñadas a garantir o normal desenvolvemento da actividade federativa para o ano 2011.

Exit mobile version