Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz entregou un novo premio do Campañazo do bingo

A gañadora do Campañazo do bingo do venres 14 de xaneiro foi Montse Otero, que resultou agraciada con vales de compra por importe de 300 euros para gastar no comercio de Foz. O premio foille entregado por Celia Núñez, directiva de ACIA Foz, no Mesón o Tangarte. O vindeiro sorteo do Campañazo do bingo será o 21 de xaneiro a partires das once da noite. Esta campaña pretende dinamizar as compras no comercio da vila e animar á xente a saír da casa os venres pola noite para seguir o sorteo nos bares e restaurantes focenses.

Exit mobile version