Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PP que a mellora da estrada LU-862 en Viveiro xa foi licitada no DOG

Nota de prensa:
Melchor Roel descoñece incluso a situación administrativas das obras que afectan ao seu municipio e que aparecen publicadas no DOG

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA DESMINTE A MELCHOR ROEL E PUBLICABA O 24 DE XUÑO DE 2010 A LICITACIÓN DA OBRA DE REFORZO DO FIRME E MELLORA DE INTERSECCIÓNS NA LU-862 ENTRE VIVEIRO E O LÍMITE DA PROVINCIA

o Alcalde socialista faltou á verdade cando afirmou que a Xunta de Galicia tiña paralizado este proxecto e que non o había licitado

o Balseiro asegura incluso que a adxudicación desta obra xa se ten efectuada e que nos próximos días tamén será publicada no DOG

A Mariña, 27 de xaneiro de 2011.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, asegurou hoxe que o alcalde socialista de Viveiro faltou á verdade cando afirmou que a Xunta de Galicia ten paralizado o proxecto de mellora da Lu-862 entre Viveiro e o límite da provincia. O deputado cre que o rexedor “ou non se entera ou directamente pretende engañar aos seus veciños” porque “tal e como calquera persoa pode comprobar consultando o DOG, a licitación desta obra xa se ten producido “unha situación que era negada polo alcalde”

O Diario Oficial da Galicia desminte polo tanto a Melchor Roel xa que con data do 24 de xuño de 2010 –isto é baixo a responsabilidade de goberno do Partido Popular na Xunta- se publicada unha resolución da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia (SPI) pola que se licitaba esta obra, máis en concreto, baixo o epígrafe de “reforzo do firme e mellora das interseccións na Lu-862”. Unha actuación para a que, ademais, a Xunta prevía un orzamento de 5,9 millóns de euros. “Parece mentira que o alcalde non so negue este extremo, senón que incluso faga falta que pasen 6 meses para que este señor se decate disto”

FEITOS NON COMPROMISOS

Segundo Balseiro esta situación vén a demostrar unha vez máis a diferenza entre o anterior Goberno bipartito e o actual Executivo autonómico do Partido Popular, “que pasa das palabras aos feitos, e non se limita a facer promesas e anuncios como facían eles, senón que establece compromisos claros e orzamento definido, alí onde vale e importa, que é no DiariosOficial de Galicia”

ADXUDICACIÓN

Balsiero adiantou ademais que non só que esta obra está licitada senón “neste momento xa foi adxudicada” O deputado explicou que “nos próximos días a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestuturas dará conta desta axudicación a través da súa publicación no DOG, establecendo as condicións técnicas, a empresa que desenvolverá os traballos e o prazo de execución dos mesmos”.

Resulta evidente, polo tanto que “en so dous anos, o PP fai moito máis do que o bipartito que tanto defende o señor Roel foi capaz de facer durante os catro anos nos que gobernou Galicia”

CRONOLOXÍA

Licitación:

o DOG do 24 de xuño de 2010 que publica a resolución da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia (SPI) de 15 de xuño de 2010.

Adxudicación:

o Publicación inminente. (A apertura de plicas xa se ten efectuado)

Exit mobile version