Site icon Crónica3.com A Mariña

As forzas de seguridade investigan a autoría das pintadas contra o edil de Medio Ambiente de Ribadeo

Nota de prensa:
POLICÍA LOCAL E GARDA CIVIL ESTÁN A INVESTIGAR A AUTORÍA DAS PINTADAS REALIZADAS NA CASA DA RÍA CONTRA O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE E CONTRA O GOBERNO MUNICIPAL. FERNANDO SUÁREZ DI QUE SE TRATA DUNHA ACCIÓN AO MÁIS PURO ESTILO DA CAMORRA OU DA MAFIA SICILIANA.

Ribadeo, 7 de xaneiro de 2011. Policía Local e Garda Civil están a investigar a autoría das pintadas realizadas na Casa da Ría contra o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, e contra o goberno municipal.

O alcalde, Fernando Suárez, denunciou a situación polo que supón, sobre todo, para o patrimonio municipal, “estamos a falar dun edificio público e haberá que gastar moitos cartos para arranxar a desfeita realizada no seu exterior”. O rexedor subliñou que “si dalgún xeito o que pretenden con estas pintadas é acobardarnos e amendrentarnos tanto ao concelleiro de Medio Ambiente como ao goberno municipal non o van conseguir. O que conseguirán será todo o contrario. Moi ben o debemos estar a facer para que determinados individuos se adiquen a levar adiante este tipo de accións”.

Suárez Barcia considera que “isto é igual que a camorra ou a mafia siciliana, trátase dun feito propio de xente enferma, pero nós seguiremos a traballar con honradez e rectitude, dicindo sempre as cousas á cara e dicindo sempre a verdade”. O alcalde de Ribadeo non quere “ser acusador de ninguén, pero chama a atención que isto se produza despois de ter dito nesa parroquia algunhas verdades hai tempo, que igual a algún non lle gustan”.

Exit mobile version