Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación veciñal Atalaia de Ribadeo pide compromisos aos candidatos ás eleccións municipais

Nota de prensa:
Ante as próximas eleccións Atalaia solicita dos candidatos a formar parte
da Corporación Municipal comprométanse a sacar adiante o que
segue:

-Que na páxina web do concello de Ribadeo conste Patrimonio de
cada un dos integrantes da Corporación antes e despois de deixar o
cargo

-Publíquese anualmente o Orzamento Municipal por capítulos (Provisional e
Definitivo) e a documentación pertencente a ese expediente

-Que se de conta de forma pública nos taboleiros de anuncios do
concello, na súa web, dos resultados da xestión que se desenvolva cada ano
(Memoria anual)

-Compromiso de non executar máis obra nova que a estritamente necesaria, e
de non endebedar o concello, de manter o patrimonio ribadense: as súas
rúas e camiños en bo estado sacando proveito aos recursos que ten a través
dunha organización eficiente. Que nas obras que se liciten desde o Concello,
aínda sen discriminar a ningún cidadán, trátese , no posible, de
contratar aos veciños de Ribadeo. Non á subcontratación como recurso
xeral e excesivo.

-Compromiso de non aumentar o persoal municipal con empregos non necesarios
que dupliquen funcións que poden e deben ser asumidas por outros Organismos
con oficina aberta nesta Vila

-Dada a situación económica do concello de Ribadeo e dos veciños, que quen
sexa Alcalde o sexa para servir, polo prestixio que o cargo leva (tendo en
conta que é voluntario) e que por iso non cobre máis que o que percibía no
seu anterior traballo xa que para realizar xestións xa se lles pagan dietas,
que exista un limite a ese soldo adecuado ao concello de Ribadeo, tanto en
mínimo como en máximo, como lle correspondería á súa categoría
profesional.

-Reducir os gastos de protocolo-publicidade ao imprescindible atendendo aos
necesarios e pagando puntualmente aos provedores

-Dado o paro existente e o que suporía para este pobo recuperar locais agora
pechados ao público, ábranse ao público o Forte San Damián, a Casa dá
Ría, Lavadoiro de Fornos, Locais existentes en Praza de Abastos, antiga
oficina de Turismo no Campo de San Francisco, a antiga empresa Ribadeo en
Clemente Martínez Pasarón, Cafetaría do edificio sito no Auditorio Hernán
Naval, Cinema Teatro e demais locais cos que conta o Concello. Destínense as
coñecidas como Vivendas de Profesores en Paco Lanza a Residencia e Servizos
para Anciáns e persoas con dependencia. Búsquense axudas e
subvencións para o emprego autónomo e facilítense eses locais a
desempregados que presenten proxectos que garantan un bo uso deses inmobles
públicos, paliando o desemprego, ofertando novos servizos, recuperando
espazos aforra pechados á cidadanía e todo isto de forma transparente

-Non ás subidas das taxas e impostos municipais. Xa nos soben bastante
desde o goberno central. Se a un bo uso dos fondos públicos.

Pedimos que o dereito á participación cidadá sexa un feito, que se cumpra
o disposto na lexislación existente en canto aos disposto ao acceso a
expedientes, dereito á información, o mesmo trato a todos os veciños por
igual, e non favorecer a asociacións que se prestan ao xogo politico do que
manda.

Non a prohibir, ordenar, crispar senón solucións para a convivencia e a
vida diaria de todos os cidadáns.

Exit mobile version