Site icon Crónica3.com A Mariña

C. B. Celtas-Primera Calidad e C.B. Xove perderon en Cambre e A Coruña

Foz/Xove (M.F.O.) .- O Celtas e o C. B. Xove sufriron sendas derrotas nos seu desprazamentos a Cambre e Coruña respectivamente.
O C. B. Xove sufriu unha dura derrota contra o UDC Basquet Coruña por 56 puntos a 34. O resultado xa reflexa a falta de acerto no ataque dos mariñáns. Tras esta xornada o Xove cae ao décimo terceiro posto con catro vitorias e nove derrotas.
Pola súa banda o C. B. Celtas-Primera Calidad sufriu dos mesmos males. Os focenses so anotaron 44 puntos polos 70 dos locais, esta falta de acerto no ataque e unha das principais causas dos malos resultados do equipo. Tras este partido o Celtas queda con tres vitorias e oito derrotas.

Exit mobile version