Site icon Crónica3.com A Mariña

Cambio na cabeza da clasificación con José Rafael González como novo líder da liga senior de bolos en Xove

Nota de prensa

INCIDENCIAS DA 11ª TIRADA

(CLUB SOCIAL DE PALMEIRO – Sábado, 8 XANEIRO 2011)

-Tarde soleada e moi agradable para práctica dos bolos.

-43 inscritos, 25 na Liga Senior, 8 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina.

Liga Senior.- Novo cambio na cabeza da clasificación con José Rafael González como novo líder con 74 puntos gracias ao segundo posto obtido nesta tirada. A nefasta tirada de Ginéz Rodríguez, quen só puido ser noveno fai que agora comparta a segunda posición con Arturo Vigo con 67 puntos, gracias á victoria deste último na tirada, primeira súa da temporada. O terceiro posto de Moisés Rodríguez permítelle adiantarlle na clasificación a Luis Rancaño, e agora é cuarto con 58 puntos. Por certo, Luis Rancaño, quen inda non foi capaz de puntuar este ano, sufre as consecuencias e do teceiro posto co que acabou o pasado ano pasa á quinta posición.

Liga Sub 18.- Salomé Cardoso desfixo o triple empate na clasificación gracias á súa victoria e mellor bolada, o cal lle permite unha certa olgura na cabeza, con 42 puntos por 36 de Daniel e 35 de Aitor. Estes son os tres xogadores que manteñen unha importante vantaxe respecto ao resto, e que seguramente se van a xogar entre eles os tres grandes premios finais. Por atrais como non melloren moito, dificilmente van ser competencia para os tres primeiros da clasificación.

Liga Feminina.- Nesta Liga, o mesmo que na Sub 18, temos tres xogadoras que polo momento estándemostrando un xogo máis sólido que o resto, e cada tirada se están dispuntando os mellores puntos. A victoria de Carmen Roca nesta tirada evita que Dolores Meitín se poida escapar na clasificación, e agora a distancia entre ámbalas dúas redúcese a catro puntos, con 43 para Dolores e 39 para Carmen. A terceira en discordia é Belén Meitín, unha xogadora que participa por primeira vez neste campionato e que como dixemos en anteriores ocasións está a demostrar moi boas maneiras; os 33 puntos que atesora neste intre dan fé do seu bó xogo. Por detrais un par de xogadoras que inda poderían subirse ao carro das primeiras, pero terían que mellorar moito; estamos a falar de Concepción Piñeiro e Salomé Cardoso, esta última a líder da Liga Sub 18.

A Vindeira tirada, e terceira da Segunda Volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SAN ISIDORO DE MONTE (PENASAGUDAS) O VINDEIRO SÁBADO, 22 DE XANEIRO DE 2011.

Exit mobile version