Site icon Crónica3.com A Mariña

É “triste” que se utilice unha asociación “para criticar ao concello”, di o alcalde de Burela

Nota de prensa

Cabalgata de reis

O rexedor de Burela, Alfredo LLano, tilda de asombrosas as críticas verquidas desde o PP sobre a cabalgata de reis, “responsabilizaron directamente ao alcalde da non celebración desta cita. Nunca o Concello organizou a cabalgata, aquí hai unha asociación cultural que é a que se encargou sempre de facela, nós apoiámolos e procuramos que todo salga ben, poñemos medios persoais, materiais e económicos para que sexa unha realidade. Este ano por cuestións de renovación de material non se fixo unha cabalgata coma as de anos anteriores, pero iso non quere dicir que non se vaia volver facer”.

Alfredo Llano insistiu en que “este ano coincidiu cunha serie de detalles, incluso alleos á organización, pero o que non se pode dicir é que o alcalde e o Concello non fixeron a cabalgata adrede. Paréceme triste que se empregue esa asociación para criticar ao Concello e ao alcalde, é unha baixeza e unha falta de responsabilidade por parte da oposición, xa que aquí tratóuse de facer o máximo posible a pesares de todo. O Concello nin se escaqueou nin se esquivou desta cuestión. Esas acusacións poñen sobre a mesa a calidade da oposición”.

Exit mobile version