Site icon Crónica3.com A Mariña

Expoñen as imaxes do maratón fotográfico de Nadal na Casas da Cultura de Burela

Nota de prensa

AS IMAXES DO MARATÓN FOTOGRÁFICO DA CAMPAÑA DE NADAL EXPÓÑENSE DESDE HOXE E ATA FINAIS DE XANEIRO NA CASA DA CULTURA.

Burela, 10 de xaneiro de 2010. As imaxes do maratón fotográfico da campaña de Nadal expóñense desde hoxe e ata finais de xaneiro na Casa da Cultura, segundo ven de informar o concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi. Trátase das fotos dos escaparates dos comercios de Burela que foron presentadas polos participantes ao concurso.

O edil nacionalista lembra que “das fotografías expostas sairán nos próximos días o gañador do maratón fotográfico, que será agasallado con 1.000 euros para consumir no comercio local, así como o escaparate gañador que recibirá 500 euros en recoñecemento ao esforzo pola súa decoración e participación no realce do Nadal”. González Legazpi subliña que “nesta edición de novo se superaron as expectativas das pasadas edicións ao ter participado 16 persoas, e atopárense expostas un total de 65 fotografías”.

O concelleiro de Comercio destaca “uhna vez máis o protagonismo e a participación no concurso fotográfico da campaña de Nadal 2010 de Burela. Ademáis representa sen dúbida unha extraordinaria promoción do comercio orientada dende a posición de observancia dos participantes do maratón ao espallamento da exposición dos seus escaparates dende a Casa da Cultura, o que sen dúbida representa unha evidente potenciación do comercio de Burela e por consiguinte da economía local”.

Exit mobile version