Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acollerá por primeira vez unha “Festa gastronómica da cociña afrodisíaca” o 11 e 12 de febreiro

Nota de prensa:
FOZ ACOLLERÁ POR PRIMEIRA VEZ A FESTA GASTRONÓMICA DA COCIÑA AFRODISÍACA. OS DÍAS 11 E 12 DE FEBREIRO UNHA TREINTENA DE LOCAIS OFRECERÁN TAPAS E POSTRES ELABORADOS CON PRODUTOS INCITANTES PARA IR ANIMANDO A CHEGADA DE SAN VALENTÍN.

Foz, 28 de xaneiro de 2011. Foz acollerá os días 11 e 12 de febreiro a festa gastronómica da cociña afrodisíaca que organiza a Asociación de Comerciantes. Unha treintena de establecementos participarán nesta cita ofrecendo aos seus clientes tapas e postres elaborados con produtos eróticos e incitantes.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “o que tratamos é de potenciar a fin de semana previa a San Valentín, queremos que a xente saia da casa, que faga as compras tranquilamente para a súa media laranxa e que despois se dean unha volta polos nosos bares e restaurantes a disfrutar desta suxerente proposta”.

Paleo, que presentou esta mañá a festa gastronómica da cociña afrodisíaca xunto a outros dous membros da directiva de ACIA, engade que “o que queremos é levantar o estado de ánimo da xente, despois de pasar o nadal, a costa de xaneiro e o intenso frío que estamos a ter estes días. Queremos animar as compras no mes de febreiro en Foz e que a xente disfrute e o pase ben”.

Exit mobile version