Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciase en Xove o programa “Inverno xuventude” con dous obradoiros

Nota de prensa

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA “INVERNO XUVENTUDE”

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, organismo dependente da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove, ven de abrir o prazo de inscrición para o PROGRAMA “INVERNO XUVENTUDE”.

Este Programa comprende dous obradoiros:

-OBRADOIRO “APRENDE A MAQUILLARTE”.- Dirixido a tódalas mozas do Concello maiores de 12 ano e que queiran participar. O obradoiro vai durar todo o mes de febreiro, e a clases vanse desenvolver os luns en horario de tarde.

-OBRADOIRO DE LONGA DURACIÓN “RESTAURACIÓN DE MOBLES”.- Dirixido a persoas maiores de idade, o mesmo vai durar de febreiro a xuño, con dous días de actividade á semana.

O PRAZO DE INSCRICIÓN para ámbolos dous obradoiros estará aberto de 17 ao 29 de xaneiro (ámbolos dous días incluídos) e as solicitudes haberá que formalizalas na OMIX, en horario de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde. Os grupos de cada obradoiro daranse a coñecer a partir do 31 de xaneiro no toboeiro de anuncios da OMIX.

Exit mobile version