Site icon Crónica3.com A Mariña

Manu, Juan e Antón do Burela FS participarán nun novo adestramento da Selección Galega Sub-19

Nota de prensa

ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA

Os xuvenís do Burela FS Manu, Juan e Antón participarán nun novo adestramento da Selección Galega Sub-19, na preparación da final de Segovia (3-6 de febreiro). Será o luns 17, no pavillón Monte dos Postes, en Santiago de Compostela (18.30 horas).

Sorteo. O combinado de Santiago Valladares terá que enfrontarse na fase final do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais ás rexas Andalucía e Cataluña, no Grupo A. O sorteo realizouse onte pola mañá no consistorio segoviano, acto ao que asistiron o presidente do CNFS, Antonio Escribano; o vicepresidente e organizador das competicións territoriais, Gonzalo Azkárate; o presidente da LNFS, Javier Lozano; e o vicepresidente do Caja Segovia, Malaquías Del Pozo. O Grupo B estará composto por Valencia, Melilla e Asturias.

Exit mobile version