Site icon Crónica3.com A Mariña

Na visita do conselleiro de Presidencia a Cervo, con tres coches de séquito, non se reclamou o parque de bombeiros, asegura o BNG

Nota de prensa

Villares e Balseiro esqueceron na visita de Rueda reclamarlle o parque de bombeiros para Cervo que tanto se necesitaba fai so tres anos

O Conselleiro veu visitar a obra do Parque Luis Seoane e Isaac Diaz Pardo na que se investiron 57.000 euros do seu departamento para nada

A austeridade que o actual Conselleiro reclamaba antes ao bipartito demostrouna onte en Cervo cun séquito de tres coches oficiais

Cervo, 25 de xaneiro de 2010. O BNG cualificou de inaudita e baleira de contido a visita sorpresa do Conselleiro Alfonso Rueda onte ao concello de Cervo. Ademais de demostrar que a austeridade que o actual conselleiro reclamaba antes ao bipartito non e agora de aplicación polo séquito de tres coches oficiais que o acompañaban, non serviu para nada que non fose unha foto propagandística na visita ao Parque Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo remodelado recentemente cunha axuda de 57.000 euros do seu departamento que non serviron para mellorar nin a accesibilidade nin as numerosas aristas de cemento que bordean a súa reducida cancha deportiva. Os nacionalistas destacan ademais que Rueda veu para nada e foise sen ningunha petición do goberno local, Villares e Balseiro non foron quen de renovar a petición do parque de bombeiros que tan necesario era fai escasamente tres anos.

Que foi da necesidade urxente dun parque de bombeiros para Cervo que tanto lle preocupaba ao PP local fai so tres anos.

Aos nacionalistas chámalles a atención a escasa memoria dos dirixentes do PP de Cervo, Alfonso Villares e José Manuel Balseiro, “que tiveron a ocasión diante do responsábel do ramo de renovar a petición do parque de bombeiros que tanta falta facía en Cervo fai so tres anos”, e que agora pareceu pasar á historia das reivindicacións do populares “como tantas outras cousas”. O portavoz Municipal nacionalista, Xoán Estúa, preguntouse “si se trata dun esquecemento puntual ou e que agora xa non existen os criterios técnicos que avalaban fai tres anos esta petición” que chegou a aprobarse no pleno da corporación. Estúa cualificou de “perda de tempo e diñeiro a visita do conselleiro” xa que “fora da boa sintonía da que fala o alcalde, Rueda non deixou nada”.

57.000 euros gastados en remodelar un parque inaugurado fai cinco anos e que custou 300.000 non e un bo exemplo de boa xestión dos recursos públicos.

Os nacionalistas volveron chamar a atención sobre a falta de prudencia do goberno cervense na xestión dos recursos públicos, para Estúa “non e normal que en so cinco anos sexa necesario remodelar un parque a non ser que xa se fixera mal nun principio”, para o nacionalista o PP cervense “fai e desfai sen criterio algún para dar choio aos amigos” e neste caso como e de costume, déuselle a obra á empresa de sempre como o 80% das que adxudica o goberno local. O portavoz municipal nacionalista insistiu en que as obras que se executaron recentemente neste parque financiadas pola Consellaría de Presidencia “nin melloran a accesibilidade, nin as zonas de perigo existentes” e tanto na súa construción como nesta remodelación “son un claro exemplo do malgasto dos recursos públicos polo goberno local”.

A tan reclamada austeridade de Rueda terá que demostrala noutro sitio porque en Cervo perdeu a súa oportunidade.

Os nacionalistas criticaron o séquito de tres coches oficiais que acompañaban a Rueda, que no goberno bipartito demandaba día si e día tamén austeridade ao bipartito, “e cando lle toca aplicarse o conto so se fai con contundencia nas políticas de sociais, educativas e sanitarias”. Os nacionalistas denunciaron que a Consellería de Rueda “e especialista en incrementar o gasto corrente e de gabinete e reducir o investimento real” polo que lle pediron “mais coherencia e menos protocolo e coches oficiais”.

Exit mobile version