Site icon Crónica3.com A Mariña

Neste novo ano non votarei a tropa do carallo

Fai escasas horas comezaremos un novo ano. Ademais será un ano electoral (municipais). Tamén, como todos os primeiros de ano, formularemos novos obxectivos, novos propósitos. Estes, como sempre, serán moitos: «vou deixar de fumar»; «vou aprender inglés»; «vou facer exercicio» (coa bicicleta estática, que comprei fai uns anos e aí segue morta de risa), etc. Moitos “propósitos de emenda”, en suma, que logo non seremos capaces de emendar. Pero, ano tras ano ,e sobre todo por estas datas, seguirémonolos propondo para logo non cumprilos.

Por que nos pasan estas cousas? O noso cerebro é vanidoso e ególatra, e tratará de convencerse sempre da opción máis cómoda, da que concorda mellor coa súa propia realidade. Por iso memoria e inconsciente encárganse de axustar o que non encaixa, de cambiar o que non gusta, de eliminar o que doe e de ensalzar o que agrada.

Deses mesmos mecanismos xorde nos humanos a habilidade para caer facilmente en estereotipos e prexuízos que, levados ao extremo, poden conducir a tensións e conflitos. Un dia de estes no programa “Redes”, que do pouquiño que queda que ver nas múltiples caixas tontas, que trais a crise quedan en mans de Berlusconis, Laras e outros trepas varios con ideoloxía entre a dereita e o fascismo tecnolóxico, pero esa e outra historia, triste pero real como a vida mesma.

Decia que en “Redes” e da man dunha prestixiosa psicóloga, puiden coñecer as artimañas que utiliza o cerebro humano para construírse un mundo máis agradable e benévolo. Tamén, o mal que o noso cerebro leva iso da “forza de vontade” e ata onde lle poden levar os medos e prexuízos. Así, pois, para 2011 ponche só un obxectivo só. Verás como a probabilidade de que volvas enganarche será menor, e terás menos tensións e conflitos ¡Serás máis feliz!. Por exemplo, para o ano que vén proponte só este obxectivo: ¡ Non votarei para rexer o meu concello nunca mais a xentes mentireiras, con complexo de inferioridade, trepas e algo chouriceiros ! Simplificando, que e xerundio: Non votarei a esta tropa do carallo.

Exit mobile version