Site icon Crónica3.com A Mariña

Nin o maquillaxe nin os trucos conseguen impedir o primeiro posto do Hospital da Costa nas listas de espera, asegura o BNG

Nota de prensa

Nin o maquillaxe contábel nin os trucos para rebaixar os datos conseguen impedir o primeiro posto do Hospital da Costa nas listas de espera

Veiga acusa ao PP de exceso de optimismo mentres os mariñaos seguen vendo como o seu hospital continúa na cola da calidade asistencial do servizo público sanitario galego

Os nacionalistas piden aos mariñaos que denuncien publicamente e reclamen polas canles existentes as eivas do servizo sanitario

A Mariña, 24 de xaneiro de 2011. O BNG volveu considerar lamentábeis os datos referidos ás listas de espera no Hospital da Costa publicados a semana pasada pola Consellaría de Sanidade na súa web. Aínda coa maquillaxe dos datos e a obsesión dos xestores sanitarios por rebaixalos, ás veces usando sistemas de auténtica enxeñería contábel, o hospital segue estando á cabeza de todos os de xestión pública do Servizo Galego de Saúde, moi por diante doutros con moita maior carteira de usuarios e so por detrás do POVISA de Vigo que non pode derivar pacientes a outros hospitais como si fai o Hospital mariñao. Os nacionalistas aseveran en dous anos Sanidade recortou en 400 millóns o investimento sanitario en Galiza, mais de 180 no 2011, e sen financiamento nin persoal seguirá sen mellorar.

O Hospital da Costa á cabeza do país nas listas de espera en cirurxía e primeiras consultas aínda con peonadas.

O Portavoz Comarcal Nacionalista, Antonio Veiga, criticou o “exceso de optimismo do PP”, diante duns datos sobre listas de espera do Hospital da Costa que deixan dúas cousas ben claras “Burela e o hospital con peores datos en listas de espera en cirúrxica e o terceiro en primeiras consultas a pesar da peonadas e o maquillaxe interesado dos datos”. Veiga aclarou que “nin os sofisticados métodos para evitar os datos reais conseguen sacar ao Hospital da Costa do furgón de cola do sistema público de saúde galego”. O nacionalista aludiu as listas de espera cirúrxicas co Hospital da Costa con 88 días de media“situándose á cabeza de todos os do sistema público, moi por riba de outros con maior carteira de usuarios e só por debaixo de POVISA que e u centro concertado, que non deriva pacientes a outros centros como si fai o Hospital de Burela”. Na mesma liña, o nacionalista, fixo mención á lista de espera en primeiras consultas, que aínda recoñecendo unha rebaixa con respecto ao anterior trimestre, “segue no terceiro posto do conxunto do sistema”.

A cidadanía mariña non debe relaxarse e ten que reclamar as melloras que merece na calidade asistencial.

Antonio Veiga, non dubidou en pedir á cidadanía mariñá que estea alerta e denuncie publicamente e polos mecanismos administrativos existentes as eivas en asistencia sanitaria como único método para poder mellorar; o nacionalista lembrou o caso da nai de Foz que pariu camiño de Lugo unha das súas xemelgas e outra xa no Hospital de Lugo por non contar con medios na Mariña para partos de especiais características, e evidente dixo Veiga, que casos como non se deben repetir tal como se reclamou na manifestación celebrada en Burela no pasado mes de maio.

Por moito que se esforcen os profesionais e difícil mellorar sen persoal e rebaixando o orzamento sanitario.

Veiga acusou ao PP de levar adiante o progresivo desmantelamento do sistema público de saúde mediante a súa privatización e os recortes no orzamento sanitario público, o nacionalista explicou que o goberno de Feijoo diminuíu nos orzamentos 2010 e 2011, preto de 400 millóns de euros con respecto aos de 2009 e, “sen persoal nin investimentos e difícil mellorar aínda co esforzo do persoal sanitario” e lembrou que a Xunta reduciu en medio millón o investimento para o hospital con respecto a 2010 e as obras que debían estar rematadas o ano pasado aínda están en execución.

Exit mobile version