Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros di que suspendeu a secretaria para garantir transparencia e intereses veciñais

Nota de prensa

ALFONSO FUENTE ASEGURA QUE A SUSPENSIÓN PROVISIONAL DE FUNCIÓNS Á SECRETARIA MUNICIPAL VEU MOTIVADA POLA DENUNCIA PRESENTADA POR UN PROMOTOR DIANTE DA DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL E QUE A MEDIDA PERSIGUE GARANTIR A TRANSPARENCIA E OS INTERESES DOS VECIÑOS.

Barreiros, 11 de xaneiro de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que a suspensión provisional de funcións á secretaria municipal ven motivada pola denuncia presentada por un promotor diante da Dirección Xeral de Administración Local, que considera o acontecido coma unha falta moi grave. O rexedor subliña que a medida, prevista por lei, se levou adiante para garantir a transparencia e os intereses dos veciños.

Fuente Parga dixo esta tarde que “o feito que se produce con esta suspensión cautelar de funcións á secretaria municipal responde a un proceso normal a calquera funcionario en calquera administración. Hai unha denuncia presentada, neste caso, por un promotor diante da Dirección Xeral de Administración Local e parece ser tamén, por noticias de prensa, diante da fiscalía. A Dirección Xeral remite esa denuncia ao Concello despois de escoitar as grabacións e de ver os documentos. A Dirección Xeral o considera unha falta moi grave e nós desde o Concello, xa que o alcalde é quen ten a competencia para aperturar ese expedente disciplinario, se considera tamén moi grave dita denuncia e se fai unha motivación cunha serie de cuestións que se están a dar neste Concello por parte desta funcionaria”. O alcalde barreirense destacou que “para garantir os intereses de todos os veciños e a transparencia nun caso como éste que afecta ao urbanismo de Barreiros hai que tomar unha medida cautelar, tal e como está previsto por lei, para que agora as persoas que se nomean desde a Dirección Xeral para ser instructor e secretario deste expedente, realicen o seu traballo. A lei contempla unhas medidas cautelares que foron as que se propuxeron e son as normales como pasaría en calquera outro servizo de calqueroutra administración”.

Alfonso Fuente engadiu que “nada ten que ver este proceso con que desde a alcaldía se lle estivera esixindo á secretaria municipal que se cumpliran uns prazos, que non se viñan facendo, algo que como xefe de personal, como presidente do Concello e como alcalde se lle esixe a calquera persoa que quere que o Concello funcione. O feito de que puidera haber unha enesmitade en canto a que o alcalde dicte unhas ordes ao secretario para que o Concello funcione non ten nada que ver con este caso que se produce agora, que ven motivado pola denuncia dunha persoa que se considera perxudicada e leva a proceder á apertura dunha investigación”. O rexedor apostou por seguir mantendo a presunción de inocencia da funcionaria, “nós seguímola mantendo e o que non vamos a facer, e que sí está a facer a oposición, é condenar antes que xulgar. Deixemos que o proceso do expedente disciplinario siga o seu curso e despois xa veremos o resultado, porque pode ser que esteamos diante dunha denuncia infundada ou que ao final da instrucción se considere que as causas aportadas non son de importancia ou sí. Temos que deixar traballar ao instructor e logo haberá unha sentencia. O que non vamos facer nós, nin o alcalde nin o equipo de goberno, é condenala antes de xulgala”.

Exit mobile version