O Alcalde de Foz, José María García Rivera, contesta que na parroquia de santa Cecilia, concretamente nos barrios de Vilatuixe, Bao, Viñas e Zarza se acaban invertir 200.000€ para completar os servizos básicos desta parroquia. As obras realizadas foron abastecemento de auga, saneamento e recuperación dun manantial que estaba abandoado, como riqueza natural do sistema da auga, así como colación dunha escollera e pozo de bombeo. Como se pode comprobar unha vez máis seguimos invertindo nos servizos básicos para a cidadanía. Estas obras foron sufragadas con cargo ao Plan E do Goberno de España. É dicir, ese Plan que ao PP non lle gusta nada, que como alcalde, este ano gustaríame contar con outro Plan E, a pena é que non o haxa.
Como poden comprobar os veciños e veciñas do noso Concello algúns seguen facendo estudos e estudos, sen embargo nós todos os días pasiño a pasiño, completamos os servizos necesarios para a nosa cidadanía.