Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG acusa ao alcalde de Barreiros de levar adiante unha campaña de presión e exterminio contra os traballaodres que non se plegan aos seus intereses

Nota de prensa

O BNG ACUSA AO ALCALDE DE BARREIROS DE LEVAR ADIANTE UNHA CAMPAÑA DE PRESIÓN E EXTERMINIO CONTRA OS TRABALLADORES QUE NON SE PLEGAN AOS SEUS INTERESES. OS NACIONALISTAS RECOMÉNDANLLE QUE SE VAIA PARA A CASA SEIS MESES CO FIN DE QUE A VARA DE MEDIR SEXA A MESMA PARA TODO O MUNDO.

Barreiros, 15 de xaneiro de 2011. O BNG acusa ao alcalde de Barreiros de levar adiante unha campaña de presión e exterminio contra os traballaodres que non se plegan aos seus intereses. E recoméndanlle a Alfonso Fuente, José Manuel Gómez Puente e Alina Rodríguez, que tamén se vaian seis meses para as súas casas. Os nacionalistas queren que a vara de medir sexa a mesma para todo o mundo.

Desde o grupo municipal do BNG sinalan que “tal e como viñemos dicindo estes días todo o que está a ocorrer no Concello de Barreiros non é casual. O asunto da secretaria municipal tampouco ocorre por casualidade, porque o expedente aberto a esta funcionaria e a decisión de apartala seis meses do seu posto de traballo sen que ese expedente estea resolto nin a nivel administrativo nin a nivel judicial, non é nin máis nin menos que un paso máis do alcalde na súa campaña de presión e exterminio de todos aqueles traballadores e traballadoras que non se plegan aos seus intereses. Este proceso de exterminio de traballadores non gratos para o rexedor xa comezou hai casi dous anos no departamento de Servizos Sociais, todo o mundo sabe o que aconteceu coas traballadoras que ata o 2009 estiveron á fronte de Servizos Sociais, dúas excelentes profesionais que todo o mundo sabe que tiveron que marchar. E todo o mundo coñece en Barreiros tamén os motivos polos que voluntariamente se foron”.

Os nacionalistas din que “disto se deduce que ao alcalde non lle importan os profesionais, non lle importa o traballo feito polos profesionais, só lle importa que se pleguen ou non aos seus intereses e isto crea un clima bastante tenso entre os traballadores, co lóxico perxuizo para eles e o que é máis importante o perxuizo para todos os administrados e administradas, que somos os veciños e as veciñas de Barreiros. E o alcalde despois da desfeita urbanística que permitiu no concello, feito polo que está a ser investigado xudicialmente ao igual que os membros da xunta de goberno de 2006, abre agora un novo fronte entre o persoal, entre algún persoal que é básico para o bó funcionamento dun Concello, e abre ese frente clasificando aos traballadores que non se plegan aos seis intereses como non gratos e impoñéndolles castigos exemplares. E dando a entender que os que lle digan sí buana van gozar dos seus favores”.

No Bloque Nacionalista Galego consideran que “o que está a instaurar Alfonso Fuente no Concello e que terá unhas consecuencias nefastas para o seu funcionamiento é o réxime do medo. Queremos pedirlle e recomendarlle a Alfonso Fuente e aos dous actuais concelleiros, José Manuel Gómez Puente e Alina Rodríguez, que o acompañaban na xunta de goberno de 2006 e que o acompañaron ao xulgado de Mondoñedo a prestar declaración pola concesión de licencias con informes xurídicos desfavorables, que se marchen tamén seis meses do Concello. Cremos que non ía pasar nada porque se fosen seis meses, ao contrario, íamos gañar en transparencia si durante ese período estas persoas se fosen. A vara de medir ten que ser igual para todos, que a xustiza sexa cega. É curioso, o símbolo do Concello de Barreiros é unha balanza, pero parece ser que ten que exercela aí non tapa os ollos á hora de tomar as decisións, que é como ten que facer a xustiza. Estes señores teñen que marchar seis meses para a casa, para estar todos en igualdade de condicións e para que a xente vexa como actúan uns e como actúan outros”.

Exit mobile version