Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Alfoz asegura que “o alcalde debería facer menos fotos e máis feitos”

Nota de prensa

“O ALCALDE DEBERÍA FACER MENOS FOTOS E MÁIS FEITOS”


Dende o Bng de Alfoz criticamos que a delegada da Xunta de Galicia na provincia visite Alfoz e nin dende o concello nin por parte da mesma se avise os concelleiros que somos os representantes dos veciños.

“E moi fácil facer demagoxia, facerse fotos vendo obras, pero os veciños de Alfoz precisan feitos e non fotos do seu alcalde con cargos da xunta”

Parécenos lamentable que por parte da Xunta se organice unha visita de Raquel Arias para ver o estado das pistas da concentración parcelaria e non se avise os cargos institucionais do concello, cando menos para escoitar a necesidades dos veciños e do seu concello,”quizáis non lles interese escoitar o que pensan os veciños.

Dende o pp o único que fan e propaganda sobre o aparcelamento, dende que entraron na Xunta tan só dicen que van continuar coas obras e solucionar os problemas que se están ocasionando, pero “a realidade e que dende que o pp está na xunta, paralizáronse as obras e os problemas para os veciños aumentaron”.

O alcalde e as persoas que integran o pp de Alfoz deberían preocuparse máis polos intereses do concello que por perpetuarse no sillón, que realmente e a vista dos feitos é o que levan facendo dende fai anos.

E lamentable que anuncien como unha gran solución un bacheado de terras das pistas de concentración, se din que van invertir 300000 euros como anuncian serán cartos tirados, xa que en canto caian as primeiras choivas voltaremos a situación actual de pistas e carreteras intransitables. E o problema do po continuaremos con el debido a que as pistas seguen de terra e zahorra.

Realmente é triste ver que intenten enganar o veciños con falsos anuncios pre electorais, antes tíñamos pistas e carreteras de aglomerado e deberían cando menos deixalas na situación que estaban antes, pero “a realidade é que non existe ningún proxecto de asfaltado das pistas que antes eran de aglomerado e ahora son de terra”, pero dende o pp anuncian grandes arranxos que consisten a bachear con terra e zahorra.

Os que veñen a pasear polas pistas e a sacarse fotos pensando só nas eleccions deberían voltar a dar un paseo en canto pasen dous ou tres meses e escoitar o que lles dín os veciños da súa solución.

Exit mobile version