Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG leva ao pleno da Deputación unha moción para que o goberno do Estado incremente as cotas de cabala e lirio

Nota de prensa / Moción

Nota de prensa /

O BNG RECLAMA QUE O GOBERNO DO ESTADO E A XUNTA TOMEN MEDIDAS FRONTE Á REDUCIÓN DE COTAS DA CABALA E LIRIO
O BNG levará mañá ao pleno da Deputación unha moción para que o goberno do Estado tente incrementar as cotas de cabala e lirio, especialmente, garanta a actividade extractiva até o 31 de decembro de 2011 e a viabilidade dos diversos segmentos (arrastre litoral, baixura, cerco, Gran Sol) da flota pesqueira galega

No caso de non cumprirse esta premisa, o BNG solicita que a Xunta de Galiza, en colaboración co Goberno español, elabore un programa que garanta o mantemento da flota, dos postos de traballo directos e inducidos que esta xera, e das actuais cotas de mercado

Lugo, 24 de xaneiro de 2011. O grupo provincial do BNG levará ao pleno da Deputación de mañá unha unha moción para que o goberno do Estado adopte as medidas precisas para posibilitar o incremento das cotas de pesca asignadas para o ano 2011 á flota pesqueira galega (nomeadamente no caso do lirio e a cabala, mais tamén no caso da pescada, xurelo, bertorella e outros) a través do método preciso (corrección de TAC’s e cotas nunha nova reunión do Consello de Ministros da UE, intercambio de cota, reasignación, etc.) que garanta a actividade extractiva normal até o 31 de decembro de 2011 e a viabilidade dos diversos segmentos (arrastre litoral, baixura, cerco, Gran Sol) da flota pesqueira galega.

Na moción que o BNG defenderá no primeiro pleno provincial do ano, que terá lugar mañá, no caso de non se efectivice a posibilidade de incremento de cotas, que a Xunta de Galiza articule -en colaboración co Goberno español- un programa que garanta, a través de axudas a armadores e tripulantes e outras medidas, o mantemento da flota, dos postos de traballo directos e inducidos que esta xera, e das actuais cotas de mercado.

Antonio Veiga, portavoz do Grupo Provincial do BNG, fixo fincapé en que esta decisión de rebaixar a cota de pesca “é totalmente política, non é porque escaseen as capturas, e constitúe un atentado contra a economía galega e lucense”, e explicou que Galiza sempre sae perdendo en cada negociación que se toma a nivel europeo, posto que igual que ocorreu con outros sectores, non ten ninguén que defenda os seus intereses directamente, como teñen outros países. Veiga remarcou que a problemática da redución de cota para a Mariña é gravísima, xa que “mantén a campaña en un único mes”, e “vai máis aló do que é a parte da captura e afecta tamén á industria transformadora, xa que 3 ou 4 grandes pesqueirías estan dedicadas moi especificamente á transformación da cabala, o que pode repercutir en arredor de 200 empregos, entre directos e indirectos”.

Desde o BNG provincial mantéñense na moción que se presentará mañá outras reivindicacións como que a Xunta de Galiza defina dunha estratexia negociadora para o presente ano 2011, mais tamén de cara ao Consello de Ministros de Pesca de decembro (que fixará TAC’s e cotas para o 2012), que inclua a presenza directa de Galiza nas reunións do Consello de Ministros da UE, así como nas reunións previas e preparatorias. Nese proceso o Goberno galego manterá interlocución e consulta permanente co sector (organizacións empresariais e sindicais, confrarías e outras entidades) afectado. Complementando a estas medidas encamiñadas a que Galiza goce dun poder maior de decisión en todas as esferas, o BNG defende a transferencia á Galiza das competencias en materia de investigación oceanográfica, actualmente localizadas en Madrid.

/ Moción
MOCIÓN RELATIVA Á REDUCIÓN DE CAPTURAS NAS PESQUERÍAS DE CABALA E LIRIO
NA FLOTA PESQUEIRA DA MARIÑA LUCENSE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A redución das cotas de captura da cabala e de lirio vai traer graves consecuencias para o
conxunto do sector pesqueiro da Mariña, pois estamos diante dunha decisión que afecta ao total
da flota da Comarca e tamén ao sector transformador vinculado na zona a estas dúas
pesquerías.
O feito de que a Comisión Europea manteña para este ano a mesma cota de cabala que a fixada
para o ano pasado ten uns resultados desastrosos, posto que afecta a totalidade das artes, de
xeito moi particular ao cerco e ao arrastre. Non podemos esquecer que xa o ano pasado como
consecuencia de reducir de 80.000 toneladas a 24.000 a cota da cabala, cota que este ano se
reduce nun 8,98%, a costeira limitouse exactamente a un mes. Isto fainos concluír que a
situación neste ano vai ser moi semellante e a campaña da cabala, cuxo inicio está fixado para o
14 de febreiro non se vai alongar moito máis alá do 14 de marzo, cando en anos anteriores esta
duraba arredor de tres meses o que significa a práctica paralización de boa parte da flota durante
dous meses. Non se lle escapa a ninguén que esta decisión vai agravar a difícil situación que
atravesa o sector pesqueiro e de transformación e que vai provocar tamén un aumento de
desemprego moi importante tanto no mar como en terra así como importantes perdas para o
conxunto dunha flota nun momento económico duro. O BNG xa solicitou do Goberno do Estado
e da Xunta de Galiza que se a flota ten que parar, como consecuencia dunha decisión
comunitaria da que é corresponsábel a administración galega e española por non facer a presión
suficiente diante da Comisión, débense poñer en marcha liñas de axuda para contrarrestar os
efectos desta decisión.
A situación que se crea no sector de transformación e da exportación do peixe é problemática,
pois este sector xurdiu na Mariña arredor desta pesqueiría e fixo que a comarca da Mariña se
situase á cabeza do Cantábrico na transformación da cabala. Así, na campaña de 2009 as
empresas que na Mariña se dedican a esta actividade transformaron arredor de 16.000
toneladas de cabala, pouco menos da cota total que hoxe se lle asigna ao Estado, ocupando
durante tres meses só nas labores de conxelado e fileteado nos diferentes centros de traballo
que existen na Mariña a preto de 200 persoas. O ano pasado a actividade limitouse só a un mes,
descendendo nun número importante a xente ocupada nesta actividade, algo que coas actuais
perspectivas se vai manter. Agora non só se lle está a poñer freo a unha industria cuxo nivel de
facturación xa andaba por riba dos 40 millóns de euros, que estaba nun proceso continuado de
expansión, que destinaba a maioría do seu produto a exportación a mercados exteriores de
países emerxentes e que polo tanto xogaba un importante papel no equilibrio do déficit comercial
da zona, senón que vai ter unhas consecuencias en termos de emprego importantísimas.
A cota de lirio redúcese nun 93% en relación coa anterior campaña, até o punto de que esta se
limita a 824 toneladas a repartir entre as 93 embarcacións que compoñen o que queda da flota
do arrastre litoral. Os 16 arrastreiros que ocupan a 240 persoas na Mariña e que se dedicaban
practicamente durante todo o ano a esta pesquería, con esta nova cota os seus días de mar
Page 1

Page 2
limitaríase a 15 días. Non fai falta abondar máis nas terríbeis consecuencias en termos de
emprego, e o que é aínda máis grave, unha decisión deste tipo pode poñer en grave perigo á
flota do arrastre litoral na Mariña, concretamente das parellas.
Por todo o anteriormente exposto, e tendo en conta a importancia que a actividade pesqueira ten
para a economía non só da comarca da Mariña, senón para toda a provincia, o grupo provincial
do BNG solicita do Pleno da Corporación a adopción do seguinte:
ACORDO
1.- Demandar do Goberno español a adopción das accións precisas para posibilitar o incremento
das cotas de pesca asignadas para o ano 2011 á flota pesqueira galega (nomeadamente no
caso do lirio e a cabala, mais tamén no caso da pescada, xurelo, bertorella e outros) a través do
método preciso (corrección de TAC’s e cotas nunha nova reunión do Consello de Ministros da
UE, intercambio de cota, reasignación, etc.) que garanta a actividade extractiva normal até o 31
de decembro de 2011 e a viabilidade dos diversos segmentos (arrastre litoral, baixura, cerco,
Gran Sol) da flota pesqueira galega.
2.- No caso de non se efectivizar a posibilidade expresada no punto 1, que a Xunta de Galiza
articulará -en colaboración co Goberno español- un programa que garanta, a través de axudas a
armadores e tripulantes e outras medidas, o mantemento da flota, dos postos de traballo directos
e inducidos que esta xera, e das actuais cotas de mercado.
3.- Demandar da Xunta de Galiza a definición dunha estratexia negociadora para o presente ano
2011, mais tamén de cara ao Consello de Ministros de Pesca de decembro (que fixará TAC’s e
cotas para o 2012), que incluirá a presenza directa de Galiza nas reunións do Consello de
Ministros da UE, así como nas reunións previas e preparatorias. Nese proceso o Goberno galego
manterá interlocución e consulta permanente co sector (organizacións empresariais e sindicais,
confrarías e outras entidades) afectado.
4.- Demandar do Goberno español a elaboración, por medio do Instituto Español de
Oceanografía (IEO), dos informes científicos precisos sobre a situación do stock destas especies
no litoral galego para o seu traslado e defensa perante a Unión Europea.
5.- Defender a transferencia á Galiza das competencias en materia de investigación
oceanográfica, actualmente localizadas en Madrid.

Exit mobile version