Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG solicita unha liña específica de axudas para tesourería de autónomos e labregos no Plan Lugo Impulsa

Nota de prensa:
O BNG solicita unha liña específica de axudas para tesourería de autónomos e labregos no Plan Lugo Impulsa

6796 traballadores por conta propia da Mariña verán como a súa pensión se reduce nun 20%

O Bloque Nacionalista Galego denunciou hoxe que a reforma das pensións que está a propoñer o Goberno do Estado, atendendo as recomendacións do Pacto de Toledo, provocaría no suposto de ir adiante unha perda de poder adquisitivo de entre o 8 e o 24% entre os xubilados , cunha especial incidencia naquelas rendas máis baixas.

Veiga referiuse a que a esta altura “o Goberno do Estado pola vía da Lei de acompañamento dos Orzamentos de 2010 xa modificou o réxime de cotización dos autónomos, subindo de 15 a 20 anos o período para que este colectivo poida acollerse a xubilación máxima o que afecta a 4142 persoas nesta Comarca. Alén de que esta modificación se fixese as agachadas, mesmo sen someter a contraste do Pacto de Toledo, tal como é preceptivo, a probación desta decisión vai significar unha baixa nas pensións deste colectivo de preto do 20%”. Os nacionalistas denunciaron que “esta medida non ten xustificación, máis aínda cando afecta a un colectivo que na súa maioría está a pasar unha situación moi delicada, afectadas por unha crise xeral, pero tamén por outra particular derivada no caso do estado polo feche da billa do crédito bancario e no caso da Mariña pola dependencia que os traballadores autónomos tiñan co sector da construción”. O BNG lamentou “o abandono por parte do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza a este colectivo até o punto de que non existe a día de hoxe ningún programa específico de apoio aos mesmos, e o que é peor con estas decisións, como a reforma do seu réxime de pensións o risco de que continúen a desaparecer traballadores autónomos vai aumentar”.

Os nacionalistas criticaron tamén que “pola mesma vía procedeuse a modificar o Réxime Especial Agrario, no que a altura de decembro de 2010, cotizan 2384 persoas, na mesma dirección que o réxime dos autónomos o que impón unha nova carga a un sector como o agrario, que foi o que máis empregos destruír na última década na Comarca.”As explotacións da Mariña atópanse nunha situación limite” destacou Veiga quen afirmou “que non hai parte do complexo agrogandeiro, coa excepción do sector forestal, por unhas circunstancias excepcionais do mercado, que se libre desta tendencia. A Xunta de Galiza e o Ministerio deixaron tirado ao sector fronte ás grandes empresas distribuidoras e a industria que fixeron das prácticas oligopolistas o seu modus operandi”. O Portavoz Comarcal do BNG denunciou tamén “a contradición da política agraria, posto que primeiro lle fixeron asumir ao sector grandes investimentos, o que provocou un nivel importante de endebedamento para as mesmas, e posteriormente deixáronas tiradas, mesmo sen abrir dentro do IGAPE unha liña específica de financiación para as mesmas que lle permitise facer fronte aos problemas de pasivo ou liquidez que están a xurdir”.

O Bloque Nacionalista Galego denunciou a ausencia por parte da Xunta de Galiza dunha política para o pequeno comercio e para os autónomos a pesar de que o Partido Popular comprometeu no seu programa electoral un “Plano para o Comercio da Mariña” a entrar en vigor despois de tres das eleccións de Marzo. “Non só non puxeron en marcha este Plano que comprometera o Sr. Balseiro ,é que sería bo, polo tanto que o Sr Balseiro nos explicase as razóns de que o mesmo non entrase en vigor sen algún día estivo na axenda do executivo, pero o que é aínda máis grave é que paralelamente reducíronse as liñas de axuda para os centros comerciais que viñan funcionando e suprimironse as mesmas para os que quixeran montarse ex novo, E a cousa non acaba aí posto que coa reforma da Lei do Comercio puxeron ao comercio ao cabalo das grandes áreas comerciais” recalcou Veiga quen criticou “que no Plan Lugo Impulsa vendido con tanta pompa por parte da Xunta de Galiza, e que vai facer bo que a grandes Planos, grandes fracasos, non existe ningunha liña de axuda para o sector do pequeno comercio. Mesmamente un repaso as liñas do IGAPE evidencian, con independencia de que recortaran en 24 millóns as súas dotacións, non existen liñas de remanente para estes negocios”.

Exit mobile version