Site icon Crónica3.com A Mariña

O C. B. Xove gañoulle ao líder por 15 puntos

XOVE (M.F.O) .- O C. B. Xove logrou unha importante vitoria na visita do Narón, líder da competición, por 79 puntos a 64. O adestrador Pablo Castro vestiuse de corto debido as numerosas baixas do equipo pero gracias ao bo traballo  dos seu xogadores non foi necesario que saltase a pista.
Na primeira parte do encontro o dominio local foi absoluto chegándose ao descanso con 18 puntos de diferencia. No terceiro cuarto os de Narón saíron a polo partido e  lograron poñerse a so un punto gracias sobre todo ao rebote ofensivo. Pero os mariñáns non querían deixar pasar a ocasión de gañarlle ao líder e no comezo do cuarto definitivo  sentenciaron o partido con unha gran actuación do Adrián.
Para a seguinte xornada o Xove terá que viaxar ata Tui para enfrontarse ao segundo clasificado. Polo C. B. Xove xogaron: Cristian (10), Juan María (3), Fernando (3), Adrián (29), Pablo Santiago (2) – Javi (9), Alberto (10), Víctor (9), Joany (4), Brais e Ángel.

Exit mobile version