Site icon Crónica3.com A Mariña

O club ciclista Burela organiza a VI Marcha BTT o 6 de febreiro

Nota de prensa:
O Club Ciclista Burela organiza a VI Marcha BTT de Burela que se celebrará o domingo día 6 de febreiro.

Ésta Marcha está no calendario da Federación Galega de Ciclismo e terá un percorrido de 40 kilómetros que recorren os montes de Burela, Foz e O Valadouro .

A saída será as 9:30 horas dende o pavillón dos institutos donde estará situada a línea de meta.

Ésta actividade non é de carácter competitivo anque a velocidade será libre , non vai ser neutralizada ; os ciclistas darán unha volta polas rúas de Burela para dirixirse a Vila do Medio donde tomarán o camiño que sae dende a fonte e cada ciclista marcará o ritmo que lle pareza máis axeitado ata o remate da proba no mesmo pavillón dende donde partiron.

Na metade do percorrido teremos un avituallamento sólido e líquido para que os ciclistas repoñan forzas de cara a segunda parte da Marcha.

Ó remate haberá duchas, lavado de bicicletas e unha comida no pavillón.

Cada participante levará un recordo que como nos anos anteriores son donados pola empresa de cerámica Burelarte que leva colaborando co Club dende a súa fundación.

Para poder participar hai que inscribirse na páxina: www.championchipnorte.com, ou facer o ingreso na conta do Club en Caixanova co Nº 2080 0508 17 0000100203 e mandar o xustificante o Emáil : amarinaforomtb@gmail.com. A data para inscribirse remata o dia 3 de febreiro, a partires desa data queda pechada a inscripción e non poderá participar ninguén que non o fixera no prazo disposto.

O custe da inscripción é de 15 € para os ciclistas federados e de 23 € para os que saquen a licenza dun dia

Exit mobile version