Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo corta árbores en puntos urbanos “para garantir a seguridade”

Nota de prensa:
O CONCELLO INICIOU UNHA CORTA DE MASAS ARBÓREAS EN VARIOS PUNTOS URBANOS PARA GARANTIR A SEGURIDADE

• Hoxe deron comezo os traballos de tala de masa arbórea na rúa do Torno de San Ciprián despois de facer unha actuación semellante nas inmediacións do CEIP de San Ciprián. Estas labores estenderase proximamente ao contorno do colexio de Cervo

• O Concello tamén está levando adiante rebacheos de estradas municipais e tamén provinciais diante da falta de compromiso da Deputación

Cervo, 12 de xaneiro de 2011.- Hoxe deron comezo os traballos de corta duns eucaliptos situados na rúa do Torno, no centro da vila de San Ciprián. Segundo indicou o rexedor local, Alfonso Villares, esta corta é debido ao perigo que estes árbores poderían causar ás persoas que transitan por esta rúa e tamén aos bens que se sitúan nela. “Ademais, con estes traballos tamén conseguiremos máis luminosidade nesta zona da vila” indicou o alcalde. Villares dixo que hai uns días o Concello fixera tamén outra corta de masa arbórea ao carón do Colexio de Ensino Infantil e Primario Cervo número 1 de San Ciprián. “E ao mesmo tempo estamos xestionando actualmente os permisos oportunos para facer o mesmo no colexio do núcleo de Cervo” indicou.

O primeiro edil local recalcou que esta serie de actuacións teñen por obxecto velar pola seguridade de todos os veciños e viandantes “e tentar deste xeito evitar na medida do posible que podan xurdir situacións de perigo en circunstancias de climatoloxía adversa”.

Rebacheos
Ao marxe destas actuacións, o alcalde lembrou que ao longo da pasada semana “e tamén nesta” o Concello está acometendo diversas actuacións de rebacheo en distintas vias municipais e nalgunha vía propiedade da Deputación provincial “que aínda que non é competencia nosa estámolo facendo diante da falta de compromiso da Deputación co nosos concello” sinalou.

Exit mobile version