Site icon Crónica3.com A Mariña

Industria autoriza unha central hidroeléctrica no río Landro acollida ao réxime especial de produción

Referencia

Rio Landro (imaxe de Wikipedia)

O Diario Oficial de Galicia do 5 de xaneiro publica unha resolución da dirección xeral de Industria, Enerxía e Minas pola que autoriza administrativamente as instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica do río Landro, promovida pola empresa Sociedad Lucense de Energía Hidráulica y Eólica, S.L., nos termos municipais de Ourol e Muras (Lugo) e se lles recoñece a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica regulado polo Real decreto 661/2007, do 25 de maio.

Exit mobile version