Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdouro de Burela informa que se abre a inscrición nas probas de acceso a ciclos de FP

Nota de prensa

PPROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL. 2011

O Diario Oficial de Galicia de hoxe (xoves 20 de xaneiro de 2011) publica a resolución que regula as probas de acceso a Ciclos Formativos de Formación Profesional.

As probas de Grao Superior celebraranse o 2 de abril, estando aberto o prazo de inscrición ás probas dende o próximo luns 24 de xaneiro ata o 4 de febreiro, as solicitudes poderanse facer nos Institutos de Educación Secundario que impartan as ensinanzas de Formación Profesional e nos Centro Integrados de Formación Profesional.

As probas de Grao Medio, celebraranse o 3 de xuño, e o período de inscrición á proba abranguerá dende o 28 de febreiro ata o 11 de marzo.

Toda a información ao respecto pode consultarse na páxina web do centro: http://centros.edu.xunta.es/iesperdouro/

de onde tamén se poderán descargar os modelos de inscrición ás probas, para entregar unha vez cubertos, xunto coa documentación requirida, na secretaría do centro.

Exit mobile version