Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP apoia o seu secretario provincial “na defensa que está a facer da autonomía municipal”

Nota de prensa:

Balseiro: “Edrosa e Valiño non son as persoas máis axeitadas para saír en defensa de Gómez Besteiro”

* O secretario xeral dos populares lucenses considera que nin Luis Rodríguez Edrosa, “colocado a dedo na Deputación cobrando un soldo millonario”, nin Juan José Díaz Valiño, “que está imputado por presunta prevaricación e tráfico de influencias e percibe ademais, en calidadade de deputado delegado, 52.000 euros da Deputación”, están lexitimados para cuestionar o respaldo co que conta ninguén
* Salienta que José Manuel Barreiro conta co “respaldo incondicional” dos alcaldes do Partido Popular

Lugo, a 12 de xaneiro de 2011.- “Todos os alcaldes do Partido Popular coinciden totalmente coa defensa que está a facer o presidente provincial, José Manuel Barreiro, da auntonomía municipal e en contra do uso partidista que os responsables da Deputación de Lugo están a facer da institución”. Así o indiciou hoxe o secretario xeral do Partido Popular de Lugo José Manuel Balseiro, quen, deste xeito, refrendaba o “respaldo incondicional” dos rexidores populares “e de todo o partido” ó seu presidente provincial.

O Partido Popular mantén, por tanto, as críticas ó Lugo Emprega, pola “inxerencia” que na autonomía dos concellos” conleva a posta en marcha da iniciativa, dado que a Deputación “tutelará” o proceso de selección dos traballadores adscritos a este plan de emprego, auspiciandose nunha diferenciación, que segundo recalcou Balseiro, é discriminatoria entre os municipios de máis de 5.000 habitantes e os de menos. “Unha autonomía na que parece que non creen os responsables da Deputación, posto que fan diferenciación entre as capacidades que teñen uns concellos e outros”, apuntillou.

Recalcou o secretario xeral dos populares lucenses que este plan de emprego é “electoralista” e advirte, ademais, que non vai servir, “nin foi esa a intención coa que foi concibido”, para dar solución ó grave problema que representa o paro. “O seu obxectivo é sacar rendabilidade política de cara as vindeiras eleccións municipios e non promover a creación de emprego estable e de calidade, que é, ó fin, o que sempre, e nestes momentos máis aínda, o que se necesita”, engadiu Balseiro.

“Criticamos o plan, en definitiva, por ser oportunista e porque, si os responsables da Deputación tivera verdadeiro interese e actuar en este asunto, tiveron tempo e medios para poder facelo. Pese a todo elo, está claro que non é momento de despreciar calquer oportunidade, por malintencionada que ésta sexa, para aliviar, aínda que sexa temporalmente, a desgraciada situación na que se atopan as persoas que non teñen traballo e, en consonancia con esta situación, actuaron os alcaldes”.

DEFENSORES POUCO “AXEITADOS”

José Manuel Balseiro considerou ademais que nin Luis Rodríguez Edrosa nin Juan José Díaz Valiño “son as personas máis axeitadas para pedir a dimisión de ninguén”.

A este respecto, o secretario xeral dos populares salientou que o secretario de Organización do PSOE está a cobrar da Deputación ó redor de 50.000 euros, por un cargo, ademais, o de director de Inludes, crearon “a medida” para el e coa agravante de que incumple os estatutos do organismo. O caso de Díaz Valiño, secretario de política municipal na executiva provincial socialista, é aínda más chocante, na opinión de Balseiro. “Cómo”, preguntouse Balseiro, un alcalde e deputado provincial, que cobra pola súa condición de deputado delegado 52.000 euros, e que está imputado por prevaricación e tráfico de influencias, xunto coa súa compañeira Lara Méndez, tamén vicepresidenta da Deputación de Lugo, pode atreverse a pedir a dimisión de niguén”. “O primeiro que tería que dimir é el”, apuntillou.

Para Balseiro, que tanto Edrosa como Valiño teñan que sair en defensa de Gómez Besteiro “pon de manifesto a penosa situación na que se atopa o PSOE na provincia de Lugo”.

“Que se poñan a falar de apoios cando o Sr. Gómez Besteiro non foi capaz de sacar adiante unha moción para loar ó seu mentor político, o ministro de Fomento José Blanco, ou mesmo cando o respaldo do seu líder autonómico, Manuel Vázquez, acaba de ser cuestionado polo seu propio grupo parlamentario, resulta moi pintoresco”, concluiu.

Exit mobile version