Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela critica o acto da cabalgata de Reis

Nota de prensa:

O GMPP lamenta que os nenos e nenas de Burela non contasen cunha cabalgata de verdade.
Consideran que o alcalde non fixo nada por evitalo.
Os populares, contundentes: “temos un alcalde de récord, saca as subvencións ás asociacións e agora tamén se carga a cabalgata”.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que considera unha desconsideración absoluta e unha falla de respecto ós veciños e veciñas de Burela, especialmente hacia os nenos e nenas e os seus pais e nais, que este ano se reducise a Cabalgata de Reis a unha especie de procesión desde o concello hasta a Casa da Cultura sen que o alcalde e o bipartito movese un só dedo para tentar manter a cabalgata nos mesmos termos nos que se viña facendo nos últimos anos.
Os populares aseguran ter recibido infinidade de queixas de veciños, fundamentalmente de pais e nais, algunhas delas cun alto grao de indignación. Afirman que moitos pais optaron por desprazarse a outros concellos para poder asistir a unha cabalgata de verdade.
Desde o GMPP alaban e resaltan o traballo feito pola Sociedade Cultural Ledicia, que nestes momentos de crise e precariedade económica adoptou a decisión de facer o que se fixo, co único fin de non deixar ós nenos e nenas do noso concello sen a visita dos Reis Magos.
Os populares consideran que o bipartito, que se cuidou mui moito de recalcar nas notas de prensa emitidas sobres os actos de Nadal que o acto dos Reis Magos estaba organizado por Ledicia, non fixo ningún esforzo para manter a cabalgata. Cuestión que tén un único responsable, o alcalde, que tería que buscar unha solución ós posibles problemas que puidera haber. Pero ainda sabéndose antes do Nadal que non habería cabalgata, o alcalde optou por non facer nada e mirar para outro lado, como nel é habitual. Non nos vale que se nos diga que o concello pagou as telas dos traxes dos Reis e os caramelos, porque se hai cartos para outras cousas tamén debería de habelos para a Cabalgata. A Cabalgata faise unha vez ó ano, é o meirande aliciente para os nenos e nenas do concello. Se hai cartos para gastar tres mil euros nunha actividade de banda deseñada, ou trinta mil para a Festa da Marosa, tamén debe Haber tres mil euros para reparar as carrozas da Cabalgata. Semella que hai cartos para o que interesa e para o que non interesa non hai nada.
Pois ben, por desgracia, este alcalde e este bipartito pasarán á historia por ser o primeiro alcalde que deixa sen subvencións ás asociacións culturais e deportivas do concello e tamén por ser o alcalde que permitiu, por primeira vez, que non houbera unha cabalgata de Reis de verdade para os nenos e nenas de Burela.
Finalmente, os populares manifestan que optaron por non facer ningún tipo de manifestacións sobre a cabalgata hasta agora, para que ninguén puidera decir que o PP estaba politizando un evento festivo, especialmente para os máis pequenos dos fogares bureleses. Pero agora entenden que é o momento de deixar clara a opinión do PP, pregntándose cal sería a reacción de algúns se fose un goberno municipal o que non se preocupase pola cabalgata de Reis.

Exit mobile version