Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que “o alcalde derrocha cartos de todos en calendarios e revistas para publicitar o seu nulo traballo”

Nota de prensa

O PP: “o alcalde derrocha cartos de todos en calendarios e revistas para publicitar o seu nulo traballo”.
Consideran mui grave que se use o nome da Fundación Expomar nunha revista que serve a intereses socialistas.
Os populares pídenlle ó alcalde que lle pague á confraría o que lle debe: 18.000’00€.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela amosou hoxe a súa indignación co alcalde e co bipartito burelés logo da edición dunha revista por parte da Fundación EXPOMAR e dun calendario editado pola Concellería do Mar burelesa.
Os populares foron rotundos: “o alcalde está a derrochar cartos de todos en calendarios e revistas para publicitar o seu nulo traballo; para esto hai cartos, pero para as asociacións e para a cabalgata non hai nin un só euro. Se alguén quería ver mostras de despilfarro e derroche, e de uso partidista dos cartos de todos, aquí están as probas”.
No que se refire á revista editada pola Fundación EXPOMAR (denominada ‘O temón’, e editada pola Fundación tal e como consta na páxina dous), os populares aseguran que a revista editouse sen contar co beneplácito do padroado da Fundación. “O alcalde, por si e por ante si, encargou a revista. Xa veremos quen a paga, porque na revista hai contidos que nada teñen que ver co mundo do mar: fálase das poucas obriñas que puido facer o alcalde, e do derrube da zona de O Perdouro, ademais de actuacións feitas pola Deputación”.

Para os populares, “resulta impresentable que o alcalde, como presidente do padroado da Fundación EXPOMAR, encargue a revista sen consultar a ninguén. Resulta chocante que a Fundación EXPOMAR edite a revista, mentres está atravesando unha situación económica e financieira realmente preocupante,  e mentres a propia Fundación, pola cabezonería do seu presidente, é decir, pola cabezonería do alcalde, tén pendiente de pago á Confraría de Pescadores a cantidade de 18.000’00€ en concepto de uso da nave de redes”.

O alcalde, tamén presidente de EXPOMAR, tén que saber que esta revistiña non lle vai sair gratis. Se hai cartos para a revista, que non ande por outras administracións esixindo colaboración económica. Usar o nome da Fundación EXPOMAR, que non é patrimonio exclusivo do concello, para estas cousas, demostra a baixeza moral e a catadura persoal do alcalde.
No que se refire ó calendario editado pola Concellería do Mar, os popualres aseguran que “é realmente de mal gusto, porque semella máis un ‘book’ fotográfico, absolutamente ególatra, ca outra cousa, e porque só serve para que a concelleira encargada da materia se publicite cos cartos de todos os veciños e veciñas deste concello. Eso sí, este panfleto custounos a todos os cidadáns dous mil cincocentos euros. E hai que lembrar que o libriño do polbo  saiu realmente caro: cinco mil euros”.
Os populares consideran que este tipo de actuacións demostra hasta onde son capaces de chegar os socialistas cos cartos de todos: “usan os cartos de todos e as institucións unicamente para o seu beneficio particular, buscan a propaganda e a autopublicidade e non admiten ningún tipo de intromisión”.

Finalizan os populares decindo que “o PP nunca fixo ningunha actuación semellante. ¿Qué se diría se o PP fixese o que está facendo o alcalde e o bipartito?”.

Exit mobile version