Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz presenta a Portos de Galicia un proxecto de aproveitamento do porto

Nota de prensa:
A proposta contempla a creación dun aparcadoiro soterrado, un porto náutico recreativo para máis 400 amarres e un espazo de ocio

O PP DE FOZ PRESENTA A PORTOS DE GALICIA UN PROXECTO DE APROVEITAMENTO E OPTIMIZACIÓN DA SUPERFICIE PORTUARIA

Foz, 14 de xaneiro de 2011.- O candidato do Partido Popular á alcaldía de Foz, Javier Castiñeiras, reuniuse hoxe co presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, para presentarlle unha proposta de proxecto de aproveitamento e optimización do porto de Foz, a fin de sacar o máximo partido a unha superficie duns 15.000 metros cadrados que se atopa, ata o momento, infrautilizada. Portos de Galicia confirmou que estudará a viabilidade desta proposta de construcción de novas dotacións de cara a reforzar as instalacións pesqueiras e apostar, en paralelo, pola náutica recreativa na zona, convertíndoa nun espazo xenerador de actividade económica.

A proposta trasladada inclúe a posibilidade de ubicar, na actual explanada do porto, un aparcadoiro soterrado, unhas instalacións náutico recreativas para mais de 400 amarres e un centro de ocio e espazo axardinado, e a reserva de so para a casa da musica.

Portos de Galicia profundizará na viabilidade técnica e económica deste proxecto, que suporía un cambio de modelo para as instalacións portuarias de Foz orientado ao seu maior rendemento produtivo e económico.

Esta reunión sirveu ademais para que os populares focenses se interesasen polas obras do dragado unha vez se conseguiron os permisos de costas que garantirán a viabilidade dos traballos, e segun Portos de Galicia, está pendente de sair a licitación en próximas semanas o que congratula aos populares, pola necesidade da actuación urxente.

Exit mobile version