Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP non aprobou ningunha das emendas aos orzamentos para o beneficio dos xovenses, asegura o BNG

Nota de prensa

Xove “non existe” para o PP

O grupo parlamentar do Partido Popular non aprobou ningunha das emendas aos orzamentos presentadas para o beneficio dos xovenses polo Bloque Nacionalista Galego

Marco López, candidato do BNG de Xove á alcaldía, manifestou “unha fonda decepción” despois de que o PP rexeitara todas as emendas presentadas polo grupo parlamentar do BNG aos Presupostos Xerais para o ano 2011.

Con esta votación en contra dos intereses de Xove, morreu tamén un proxecto de construción de vivendas sociais, a actuación de arranxo e mellora do porto de Portocelo danado polo temporal Becky e mais a redación do proxecto do cinto industrial de Alcoa.

O responsable local do Bloque xovense opinou que, no seu entender, está clara a razón da votación contraria ao progreso do municipio: “O PP está seguro de volver á maioría absoluta en Xove e iso é moi perigoso para os intereses do noso Concello”, aseverou López, “porque a fachenda nunca creou benestar”.

Exit mobile version