Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Deputación abriu a “Festa do berberecho” que se celebra en Foz durante a fin de semana

Pregón da festa do berberecho e Foz

Querido amigo e Alcalde de Foz, -Pepe Rivera-, membros da Corporación Municipal, señoras e señores, moi bos días¡

É unha honra pasar a formar parte do grupo de persoas que pregoaron a festa do Berberecho, ó igual que xa tiven o privilexio de facelo coas de San Lorenzo.

Non me cansarei de dicir que son un namorado da Mariña e, concretamente de Foz.

Teño a sorte de coñecer minuciosamente este litoral dende hai varias décadas.

Aquí  paso boa parte das vacacións e das fins de semana coa miña familia.  Aquí deixei de ser “visitante ou turista”, para ser “fillo natural de Foz” como calquera outro veciño do pobo, cando casei ca neta da “casa da Muiñeira” de Bargado; todo un exemplo da hospitalidade que caracteriza ós focenses.

Pero a miña relación con este pobo costeiro remóntase a máis atrás……Era un neno cando, da man de meus pais, cheguei a Foz e vin por primeira vez o mar… ¡Imaxínense o que significou isto para un neno do interior…¡…. Como dirían os indianos que levantaron as súas casas en Foz e na Mariña… ¡¡Manda chover na Habana¡¡

Aquel pícaro do que lles falo, este namorado da Mariña, hoxe ten o privilexio de dirixirse a todos vostedes coma un veciño máis de Foz…. Este é sen dúbida, un momento moi emocionante para min polo que,…. Alcalde, moitas grazas por esta invitación.

Foz é  un Concello con carácter e personalidade propia. Esta terra turística por excelencia, coñecida como a “Perla da Mariña”, pode presumir de presente e de futuro xa que segue e seguerá a medrar ó amparo do progreso e por suposto, cara o mar.

Fixense, cando o Alcalde me chamou para convidarme a ser o pregoeiro deste festexo, no que primeiro pensei á hora de escribir estas liñas foi no mar, na ría de Foz, e no Masma.

Este río que percorre dende o seu nacemento na Serra do Xistral os Concellos do Valadouro, Abadín, Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros ata a súa desembocadura en Foz, forma un espazo natural de máis de 500 hectáreas pechado por un lado, pola praia do Altar e polo outro, por unha das xoias da mariña: a praia da Rapadoira.

Pero non me esquecín por pequeno do Centiño. Este río que tamén vén a morrer á ría de Foz, forma nos últimos metros do seu curso unha fermosa paisaxe de marismas coñecida como A Xunqueira, en Malates…. Precisamente aquí, os nosos pequenos poderán xogar, dentro de moi pouco, nun campo de fútbol dunhas condicións inmellorables como nos propuxemos dende a Deputación e o Concello.

Ó longo dos tempos, desenvolveuse na ría de Foz unha importante actividade na que o berberecho xogou un papel determinante na economía da vila….

Para moitas xeracións foi ata o seu sustento…. ¡¡Quen non lembra o seus avós falar de ir Ó Taro ou o Lombo buscar uns Chícaros¡¡

Hoxe, isto é un imposible debido ás limitacións legais (lei de pesca ou marisqueo) pero sobre todo, debido á paralización de infraestruturas esencias para Foz e os seus veciños como a depuradora de Forxán.

Como lles dicía, como sustento para ós máis lonxevos, e como peza clave da economía da Mariña, este fin de semana facemos honra ó berberecho un ano máis, e celebramos xa a oitava edición deste festexo…

Hai oito anos, o Alcalde e o seu equipo de Goberno impulsaron esta iniciativa con dous obxectivos:

– lembrar a historia dun pobo, a historia dos homes e mulleres de Foz que durante moito tempo traballaron extraendo este bivalbo, “o Chícaro”;

– e impulsar a súa comercialización, o seu consumo, non só durante os meses de verán, senón durante todo o ano para concienciar de que temos moito Foz máis alá da celebración do San Lorenzo.….

Alcalde, as miñas máis sinceiras felicitacións por acadar plenamente, ambos os dous  obxectivos…

Estou convencido de que todos os veciños de Foz están orgullosos de ver como a Festa do Berberecho non deixa caer en saco roto a historia das súas vidas…

Refírome a historia dun pobo que sempre medrou cara o mar, un mar como o Cantábrico con personilade propia, que ten forxado o carácter de moitos cidadáns que hoxe están aquí connosco, e de outros que xa nos deixaron pero que, igualmente, estarían orgullosos de ver como o seu esforzo por sacar adiante ás suas familias, por loitar cada día con este mar embravecido, non se esvaece no tempo grazas a un Concello comprometido que se acorda deles.

Dende a Deputación, tiñamos que colaborar con esta iniciativa que impulsa a economía da vila…

Mantemos unha firme aposta pola máxima cooperación cos Concellos; seguimos un lema: “xuntos somos máis fortes”; e creemos ademais, que o medio ambiente é a nosa oportunidade económica. Por iso, estamos a potenciar o que nos diferenza, neste caso a calidade dos nosos produtos, investimos máis de 41.000 euros só na organización de citas gastronómicas coma esta, ou como a do Grelo de Abadín.

As máis de 5.000 persoas que durante esta fin de semana poderán desgustar o berberecho de Foz, convertendo a vila nun referente gastronómico, deixan claro que vamos polo bo camiño, e que con este tipo de iniciativas estamos a xerar riqueza na provincia, e a manter ducias de postos de traballo.

E vou rematando porque nos están esperando máis de 3.000 quilos de berberechos preparados á mariñeira, en vapor, en empanada e ata en tortilla….Pero antes, deixenme que faga a miña aportación persoal a este festa aconsellándolles un sinxelo e delicioso prato: ESPAGUETIS CON BERBERECHOS

250 gramos de espaguetis;

300 gramos de berberechos;
3 dentes de ajo;
1 hoja de laurel
1 pizca de guindilla

Primeiro cocemos os espaguetis. Logo, nunha cazola sofreímos os allos ben picados, engadimos unha folla de laurel e unha guindilla pequena e troceada se queremos que pique.

Finalmente, mezclamos todo, deixámolo cocer a fogo medio uns minutos e XA ESTÁ, velaquí queda unha receita máis que podemos incorporar á NOVENA FESTA DO BERBERECHO ata entón, vamos dunha vez por todas a probar os chícaros da oitava¡¡

Moitas grazas

Exit mobile version