Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz presenta unha moción sobre os medicamentos xenéricos

Nota de prensa

MOCION DO PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA – P.S.O.E., representado  pola portavoz do Grupo Municipal, Dª Rosa Alonso Rodríguez.

A Xunta de Galicia puxo en marcha na Consellería de Sanidade os medicamentos denominados xenéricos, que veñen a substituir a medicamentos con nome propio que lles eran recetados aos veciños e veciñas do noso Concello.

O noso Grupo Municipal  non está a decir de que si a Lei o asiste se receten xenéricos a nosa poboación, o que non estamos de acordo e debemos de defender as persoas implicadas, é que  pacientes con enfermidades difíciles como pode ser coronarias, personas enfermas de riñón, delicadas de fígado e outras de especial gravidade, sexan incluídas tamén para que se lles receten xenéricos, cando este medicamento xenérico que substitúa ao que estaba tomando habitualmente, pode causar un dano irreversible.

Resulta un pouco chamativo que este tipo de persoas delicadas, teñan que acudir aos seus especialistas para recibir asesoramento do que está a pasar, debido a inquietude que teñen coa súa saude.

A maiores é tremendo que este tipo de persoas teña que apañarse con familiares da veciña comunidade de Asturias para conseguir o medicamento que queren tomar e que tomaron sempre, pois como é coñecido os veciños e veciñas das Comunidades de Asturias e Castela e León seguen a tomar a mesma medicación que tomaron sempre, debido a que esas comunidades non puxeron en marcha o sistema de xenéricos, que puxo en marcha a Xunta de Galicia.

Por todo o exposto, rogamos se tome en consideración por parte da Corporación Municipal esta moción, e se inste á Xunta de Galicia a través da Consellería de Santidade a que faiga unha revisión en profundidade do que solicitamos nesta moción e se lle dea unha resposta inmediata e clarificadora á cidadanía.

Exit mobile version