Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE esixe explicación ao presidente da Xunta por non investir unha partida de máis de 3,5 millóns de euros do ano pasado

Nota de prensa:
OS SOCIALISTAS ESIXEN A FEIJOO UNHA EXPLICACIÓN URXENTE POLO NON INVESTIMENTO DUNHA PARTIDA DE MAIS 3,5 MILLÓNS RECOLLIDAS NOS ORZAMENTOS DO ANO 2010

-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego considera vergonzoso que alguén poida vanagloriarse dun retraso de 2 anos na execución da mellora dunha estrada, cando ademais ten paralizado a actuación estratéxica mais importante da provincia de Lugo (variante de Viveiro)

– Lamenta que a día de hoxe non se teña gastado nin un solo euro dos mais de 3,5 millóns que tiñan que estar invertidos

– Reclama rigor e responsabilidade aos dirixentes do PP aínda que so sexa polo respecto que merecen os cidadáns da Mariña

– Replica que unhas das actuacións mais relevantes do Goberno de Feijoo na Mariña foi a demolición do Polideportivo e do Colexio Publico Rivera Casas, e os 14 millóns de euros do famoso ladrillazo de Barreiros

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego esixe a Núñez Feijoo unha explicación urxente polo non investimento dunha partida de mais 3,5 millóns recollidas nos orzamentos do ano 2010 e destinada ao reforzo de firme e mellora de intersección na LU-862 (treito limite provincia Viveiro). Anuncia que rexistrara diversas iniciativas na Cámara Autonómica para reclamar explicacións por este asunto.

Rego asegura que as explicacións ten que dalas o Goberno da Xunta, xa que é quen xestiona os recursos que proceden dos impostos dos cidadáns, e non embaixadores do PP na zona.

Di que a primeira explicación que os socialistas demandamos e que os cidadáns merecen é a de saber porque unha obra programada nos orzamentos do ano 2010, por un importe de 5, 999.804, 64 euros para ser executada no ano 2010-2011, a día de hoxe non esta adxudicada definitivamente. Afirma que tiña que estar executada mais do 60% da obra, tal e como se recolle na programación orzamentaria aprobada no Parlamento. Lamenta que a día de hoxe non se teña gastado nin un solo euro dos mais de 3,5 millóns que tiñan que estar invertidos.

Nese senso Rego reclama rigor e responsabilidade aos dirixentes do PP, aínda que so sexa polo respecto que merecen os cidadáns da Mariña non tentando venderlles como positivo o alongamento ata o 2013, di que esta actuación que debería estar rematado no ano 2011 segundo a programación feita polo equipo de propagandística do PP. Asevera que a obra da variante de Viveiro é a mais relevante e necesaria non so na Comarca da Mariña, senón na provincia de Lugo.

O PP é experto en facer anuncios mediaticos

O deputado socialista lembra que os mensaxeiros do Partido Popular na zona son expertos en facer anuncios mediaticos baleiros de contido, xa que propoñen investimentos e solucións para case todo, pero despois non cumpren as súas promesas. E insiste nas súas criticas e denuncia que “a día hoxe, 2 anos despois da súa chegada do PP ao Goberno da Xunta, non existe ningunha obra, nin actuación relevante na Comarca da Mariña que este executando a Xunta”, coa excepción do treito do corredor Celeiro-San Cibrao que xa deixou licitado o anterior Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño.

Por último replica que unhas das actuacións mais relevantes do Goberno de Feijoo na Mariña foi a demolición do Polideportivo e do Colexio Publico Rivera Casas, e os 14 millóns de euros do famosos ladrillazo de Barreiros.

Exit mobile version