Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Cervo di que o xulgado desestimou un recurso de ediis socialistas a concesión dunha licencia

Nota de prensa:

Beatriz Vázquez, Baldomero Iglesias e Lara Méndez impugnaron xudicialmente o cambio de titularidade dunha licenza de taxi co único obxectivo de prexudicar ao seu anterior titular que agora traballa con Jose Manuel Balseiro

A XUSTIZA REXEITA O RECURSO INTERPOSTO POLO PSOE DE CERVO E PON LÍMITE Á PERSECUCIÓN POLÍTICA EMPRENDIDA POLOS SOCIALISTAS

* O PSOE DEBE PAGAR OS GASTOS OCASIONADOS: O Goberno municipal espera que o PSOE asuma os gastos da defensa xudicial do Concello, que doutro xeito terán que pagar todos os cervenses, pois o recurso dos socialistas non tiña ningún fundamento e, tal e como acredita o Xulgado, carece de toda razón.

Cervo, 12 de xaneiro de 2011.- O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo vén de dar a razón ao Goberno municipal e desestima así o recurso interposto polo PSOE de Cervo en relación co cambio de titularidade dunha licenza de taxi en San Ciprián. De calquera xeito, a relevancia da decisión xudicial é moito maior –tal e como explican desde o Executivo cervense- xa que a Xustiza vén de poñer límite á persecución política e ao permanente intento de xudicialización da vida municipal emprendidas polos socialistas.

A pesar de ser plenamente conscientes da improcedencia do recurso xudicial iniciado, xa que a normativa reguladora sectorial establece taxativamente que a titularidade das licenzas de taxi con máis de 20 anos de antigüidade poden transmitirse por unha soa vez sen restricción algunha, Beatriz Vázquez, Baldomeiro Iglesias, Jose Ramón González Basanta e Lara Méndez –os edis do PSOE- decidiron iniciar un proceso xudicial contra o Concello de Cervo sen importarlle que esto implique ter que asumir uns gastos obrigados de defensa xudicial que agora deben pagar todos os cervenses.

O Executivo municipal espera e empraza aos edis do PSOE a facerse cargo persoalmente destes gastos de defensa xudicial, para que non teñan que soportalos as arcas municipais. Insiste en que os veciños non teñen por que asumir o pago do capricho socialista e moito menos os gastos que orixina o seu permanente intento de xudicializar a xestión municipal, sen que a Xustiza lles dea a razón.

Con todo cómpre lembrar que o fondo da cuestión era moito máis reprobable aínda, pois o PSOE manobraba para castigar politicamente ao anterior titular da licenza de taxi que agora traballa para o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro. Unha persecución política que pretendía facer ver un suposto trato de favor que agora a Xustiza non so non aprecia –porque era absolutamente falso- senón que incluso deixa claro que o procedemento respectou en todo momento o establecido na normativa vixente.

Exit mobile version