Site icon Crónica3.com A Mariña

Organizan un taller de edición da Galipedia en Ribadeo con motivo do décimo aniversario da Wikipedia

Nota de prensa

Wikipedia celebrará o seu décimo aniversario o próximo 15 de xaneiro de 2011

O 15 de xaneiro de 2011 cumplirase unha década da creación da Wikipedia. Fundada por Jimmy Wales en 2001, Wikipedia convirteuse no quinto sitio web máis popular no mundo con 410 millóns de lectores mensuais (comScore, novembro 2010). Un ano despois da súa fundación, Wikipedia alcanzou os 18.000 artigos en 12 idiomas. Tres anos despois, alcanzaba os 397.000 artigos en 52 idiomas. Agora, con 17 millóns de artigos en 270 idiomas e medrando, Wikipedia é o único sitio web dos dez primeiros do mundo que é realmente creado, soportado e mantido polos seus usuarios. Sobre os últimos dez anos centos de miles de persoas contribuiron con máis de mil millóns de edicións a este recurso vital.

Para conmemorar este feito histórico, persoas de todo o mundo están a reunirse en distintos eventos para festexar o aniversario da Wikipedia. Invitámoste a unirte ós nosos voluntarios en A Coruña, España, Bangalore, India, Skopje, Macedonia, Londres, Inglaterra, Nairobi, Kenya ou a calquera dos perto de 300 eventos previstos en todo o mundo:
http://ten.wikipedia.org/

Sobre Wikipedia e a Fundación Wikimedia

A Fundación Wikimedia é unha organización sin ánimo de lucro que mantén a Wikipedia, a enciclopedia libre. Con sede en San Francisco, California, a Fundación Wikimedia é unha organización sin ánimo de lucro e auditada que é financiada principalmente a través de donacións e subvencións.

http://ten.wikipedia.org/
http://ten.wikipedia.org/wiki/Wikipedia_timeline
http://wikimediafoundation.org/wiki/Press_room

Eventos previstos en Galicia para o día 15:

Dende a Galipedia, o proxecto irmán da Wikipedia, queremos festexar este aniversario chegando ás 5.000 edicións nese día. A media de edicións diarias da Galipedia é dunhas 1.100 co cal temos un gran reto para este día co cal invitamos a todos os interesados que participen con nós nos eventos ou pola súa conta nas súas casas. Temos dous eventos previstos en:

* Culleredo (A Coruña): Imos comezar a xornada cun pequeno taller de introducción á edición da Galipedia para introducir no proxecto a todos os que queran participar. Logo porémonos a traballar no reto facendo todas as edicións que queramos coa axuda de expertos galipedistas. Remataremos a xuntanza ás 12:15 cunha wikitarta de aniversario da Wikipedia para compartir con tódolos editores.

* Ribadeo (Lugo): Neste evento imos ter unha pequena charla sobre Wikipedia, logo, un pouco máis tarde, faremos unha introducción á edición da Galipedia e logo porémonos a traballar no reto para tentar superar as 5.000 edicións.
http://ten.wikipedia.org/wiki/A_Coruña
http://ten.wikipedia.org/wiki/Ribadeo

Exit mobile version