Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros non adscritos do concello de Viveiro presentan unha moción pedindo persoal facultativo para o PAC

Nota de prensa

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz-representante do GRUPO DE CONCELLEIROS NON ADSCRITOS NO CONCELLO DE VIVEIRO,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
MOCION

PETICION DE PERSOAL FACULTATIVO PARA O PAC DE VIVEIRO.-

Dun tempo a esta parte o PAC de Viveiro e mais os usuarios dos concellos de Viveiro, Ourol e máis de O Vicedo estamos a sufrir a falta de facultativos, no centro dependente do Servicio Galego de Saude. Sin ir mais lonxe as pasadas festas navideñas o servicio de peditaria, que tan so conta con dous pediatras, para atender a unha poboación infantil de 1958 nenos e nenas en idades compredidas entre os cero anos e os catorce anos, o que equivale a 979 nenos e nenas para cada un, 1772 pertenecen a Viveiro, 49 a Ourol e 137 O Vicedo, estivo atendido por un de ditos médicos dado que a outra persoa estivo de baixa por enfermidade, co que o colapso nestas datas invernais, con doencias de gripes, gastroenterites, etc… obrigaron a  que varias familias tiveran que ser desprazadas a pediatra de San Cibrao no Concello de Cervo.

Moitos foron os padres que puxeron reclamacions ante o organismo provincial do Sergas. Loxicamente os medicos teñen o seu dereito como non podía ser de outro xeito de ter os seus días de descanso, vacacións,… pero o que non pode estar de vacacións e a administración, que ten que tratar de arranxar os problemas que surxen a cidadanía, un dos mais importante como e a saúde, sobre todo dos máis pequenos. Asi memo, xa hai tempo prometérase incoporar un medico de medicina xeral para reforzar o servizo. Asi cando un dos medicos denominados de familia ou cabeceira, collen as sua vacacións, ou baixas, o resto que quedan teñen que reforzar os seus turnos e doblalos, aumentando considerablemente os cupos de pacientes que estan xa bastante saturados.

Por todo o anteriormente exposto, os concelleiros Non Adscritos no Concello de Viveiro, SOLICITAMOS, a aprobación por parte do Pleno Municipal do Concello, dos seguintes puntos:

1.- Solicitar o Servicio Galego de Saude a dotación de dous pediatras a tempo completo, para o PAC de Viveiro, e dado o estado avanzado de xestación dunha das facultativas, que xa se tomen as medidas necesarias para a súa sustitución.

2.- Asi mesmo a incorporación dun medico/a de medicina xeral con praza fixa, asi como persoal de enfermería, para suplir as posibles baixas, vacacions, permisos, etc, e reforzar o servicio.

3.- Ampliación de especialidades tal como a de oftalmoloxía e dermatoloxía, e logopedia.

4.- Dar traslado deste acordo a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Exit mobile version