Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha sociedade chea de tarabelos

Esta sociedade temos o norte perdido,  xa que primeiro creémonos os mellores do mundo, montamos un país cheo de estandartes, chamadas comunidades, deputacións, concellos, fundacións  comarcais etc. Todo elo moi bonito, xa eramos ricos e podíamos xogar a estas cousas, con  tal de satisfacer ós caciquiños de cada zona, todo ía sobre rodas, isto no ámbito político.

No ámbito laboral, un pouco mais de mesmo, solo que sempre polo interese dos mesmos, e dicir, una empresa cando lle peta, por intereses económicos, prexubila a todos aqueles que pasen dos 50, é evidente que o traballador non ten  nin voz nin voto, prexubilado e en certo modo contento, pero ven a segunda parte, resulta que temos traballadores con 65 anos traballando en
oficios duros e penosos, pero como son empresas pequenas ou autónomos, esos non contan, mentres os que teñen por dicilo así, chollos, esos prexubilados, e para remátalo en vez de arregar este desaguisado, poñémoslle un pouco mais de sal, para mellorar ou disfrazar o sabor, aumentan os 67 a idade de xubilación, ¿para quen¿, pos mesmos da prexubilación, e o resto que sufran un pouco mais, eso ou unha multiña si non pon o casco, non vaia aser que lle cague una gaivota na cabeza e eso
seña un accidente laboral, que esta moi mal visto.

Por elo dicir que esta sociedade estámonos volvendo un pouco tarabelos, e os que nos gobernan marionetas dos especuladores capitalistas,  xa que por un lado están presionando para que non nos xubilemos mais tarde, e por outro en canto temos mais de 55 xa sobramos nas empresas que eles mesmos manexan, xa que somos vellos e rallantes, como se compón isto.

Srs. Governantes, déanse una volta pola rúa e falen coa xente, vexan o que hai, e despois poderán tomar unas decisión un pouco mais axeitadas, deixen de tarabelear.

Fernando Lopez Pedre

Exit mobile version