Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo participan nun programa de atención familiar e prevención da violencia

Nota de prensa

PRESENTACION DO PROGRAMA DE ATENCIÓN FAMILIAR E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA NA ADOLESCENCIA PROMOVIDO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO CO APOIO DA FUNDACION MENIÑOS PARA DESENVOLVER EN VARIOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE LUGO

Ribadeo, 25 de xaneiro de 2011. Hoxe martes, 25 de xaneiro, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo, o acto de presentación do programa de “Atención familiar e prevención da violencia na adolescencia” que se levará a cabo durante todo este ano 2011 nos concellos de Ribadeo, Foz, Burela, Viveiro, Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte de Lemos. Este programa está financiado na súa totalidade (190.000,00 euros) pola Vicepresidencia Terceira da Deputación Provincial de Lugo, e a entidade encargada da súa execución é a Fundación Meniños.

O acto contou coa presenza da Deputada Provincial e Vicepresidenta Terceira da Deputación Provincial, responsable das áreas de Benestar Social, Igualdade, Xuventude e Turismo, María Xosé Vega Buján, da Concelleira de Muller, Cultura e Educación do Concello de Ribadeo, Mari Luz Alvarez Lastra, e da Directora da Fundación Meniños,  Mónica Permuy.

Asistiron asemade os técnicos que están implementando o programa na Mariña, xunto cos equipos dos servizos sociais dos concellos implicados nesta área ( Ribadeo, Foz, Burela e Viveiro), e representantes dos centros docentes de secundaria en Ribadeo.

A Directora da Fundación Meniños, realizou unha exposición sobre as características do programa “Atención familiar e prevención da violencia na adolescencia”.

O PROGRAMA DIRIXESE A:

Nenos, nenas e adolescentes en situación de risco de desprotección e as súas familias, detectados nos Servizos Sociais Municipais ou por outras instancias, e que se axusten a algunha das seguintes circunstancias:

* Adolescentes con absentismo escolar e problemas de conducta.
* Nenos, nenas e adolescentes nunha situación de risco de desprotección, onde a intervención pretende  que as familias superen os problemas sociofamiliares.
* Grupos familiares desestructurados que precisen intervención psicosocial intensiva no seu propio ámbito

PERIODO DE EXECUCION

10 meses (de xaneiro a outubro do 2011).

Previamente, e durante os meses de novembro e decembro do 2010, realizouse xa unha primeira toma de contacto para facer unha avaliación, estudo da situación e detección dos casos a tratar nos Concellos onde se traballará.

LOCALIZACIÓN TERRITORIAL

O programa plantéxase  dende a Deputación de Lugo para  dar atención a varios concellos da provincia de Lugo, seleccionados por ser os de maior número de habitantes da provincia (exceptuando Lugo capital, onde outras entidades traballan xa con menores) e por ter unha poboación xoven, con varios centros de ensino de secundaria. En concreto son:

Zona da Mariña: Concellos de Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo

Zona da Ribeira Sacra: Concellos de Monforte, Sarria e Chantada

Zona Centro: Concello de Vilalba

ENTIDADES QUE PARTICIPAN:

A Deputación de Lugo é a promotora do programa, e a Fundación Meniños, a encargada de levalo a cabo. Os Concellos colaborarán co apoio dos profesionais dos servizos sociais municipais (especialmente, educadores familiares), baixo a coordinación da Fundación Meniños e os técnicos do programa especialmente formados por Meniños para este fin, así como proporcionando os locais e equipamento necesario para desenvolver o seu traballo.

NUMERO BENEFICIARIOS DO PROGRAMA:

Nestes primeiros momentos, os técnicos están a atender un total de 56 menores e 30 familias, aínda que se prevé que o número de intervencións ascenda a medida que avance o programa e se detecten máis casos.

OS TECNICOS DO PROGRAMA

O equipo técnico en cada zona está formado por, alomenos, un psicólogo/a, un/ha traballador/a social, e un educador/a de familia; este equipo traballa sempre apoiado polos servizos sociais de base do concello, e coa colaboración dos centros educativos, xa que, son éstes dous colectivos os primeiros que detectan casos de conflicto nos menores e as súas familias.

A Vicepresidenta Terceira da Deputación, María Xosé  Vega Buján recalcou a importancia do traballo en rede para o éxito final do programa: dunha banda, os técnicos que están formados na intervención e na mediación familiar, e doutra os docentes e educadores sociais que traballan tanto nos centros educativos como nos servizos sociais de base. Durante o programa, todos eles van a estar coordinados e traballando en equipo na detección, intervención e resolución dos casos que se traten.

Asemade, a concelleira de Muller, Cultura e Educación do concello de Ribadeo, Mari Luz Alvarez Lastra, agradeceu á Deputación a súa iniciativa e sensibilidade fronte a este problema, así como o teren seleccionado ao seu concello para participar no programa. Destacou a necesidade de contar con actuacións deste tipo por parte das administracións públicas para poder afrontar os problemas, cada vez máis crecentes, relativos á conflictividade nos menores e as súas familias na sociedade actual, e reclamou unha maior coordinación entre os diferentes axentes implicados na educación e intervención social

¿QUE É A FUNDACION MENIÑOS?

Fundación Meniños é unha entidade de acción social que traballa polos dereitos da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social, contribuindo a xerar cambios que procuren un ambiente familiar de seguridade e afecto.

Conta cunha traxectoria de 14 anos desenvolvendo esta misión en Galicia, Asturias e Madrid, colaborando coas institucións e Administracións Públicas no desenvolvemento das políticas de protección a Infancia, a través de programas especializados de intervención familiar.

Os seus equipos de traballo son interdisciplinares, contando con  profesionais da psicoloxía, pedagoxía, traballo social e educación social, e están especializados en intervención familiar

Exit mobile version