Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP presentou a Elena Candia como candidata a alcaldía de Mondoñedo

Nota de prensa

Apartar ó bipartito do goberno de Mondoñedo é un acto de responsabilidade, segundo asegura Barreiro

Mondoñedo, a 26 de xaneiro de 2011.- José Manuel Barreiro asegurou hoxe durante a presentación de Elena Candia como candidata do Partido Popular á Alcaldía de Mondoñedo que “o mellor” para os veciños deste municipio “é que o Partido Popular volte a gobernar”. Fixo durante un acto desenvolvido no auditorio municipal e no que, entre outros cargos orgánicos e electos da formación política, participou o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo.

O presidente dos populares lucenses asegurou que unha victoria, “por maioría absoluta” segundo especificou, o vindeiro mes de maio é a única posibilidade que hai “para acabar coa situación económica caótica na se atopa neste intre o municipio por obra e gracia do bipartito”. “Apartar ó bipartito do goberno é un acto de resposabilidade”, engadiu.

Na opinión de Barreiro, é “ineludible”, para asegurar o futuro e o benestar dos veciños, “que o rigor e a racionalidade no gasto rixan a xestión municipal”.

Uns principios que, segundo recalcou, non son compatibles cos bipartitos, “ós que o único que lles importa e asegurarse o sillón”.
Elena Candia López

Naceu en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1978. Está solteira.

É licenciada en Dereito e traballa no sector asegurador.

Entrou a formar parte da corporación de Mondoñedo en 2003, asumindo a área de servizos sociais e promoción do emprego. En 2007 xa encabezou a candidatura do Partido Popular.

Exit mobile version